Noticias

Campionato Individual por equipos- Control II Fase Copa Conxuntos- Individual Masculino

(Narón, 29-30 de maio de 2021)

O sábado e domingo día 29 e 30 de maio competían doce dos nosos ximnastas de nivel nacional en Narón.

Na xornada de tarde do sábado foi o turno dos equipos infantil e benxamín. O equipo infantil foi o primeiro en competir na categoría de máis alta participación. Non lograron a clasificación para o nacional pero sí dúas medallas: Laura foi segunda en cinta e Candela terceira en corda. As benxamíns Alma e Claudia realizaron os seus exercicios de corda e pelota con un temple propio de ximnastas veteranas, sendo o seu primeiro campionato individual e ademáis estreándose no nivel absoluto. Foron primeiras e verémolas por tanto no nacional de xullo.

O conxunto infantil foi segundo na clasificación do control de Copa a escasas décimas do primeiro clasificado. De novo serán parte da representación galega na Copa de España, como levan sendo dende a categoría alevín ininterrompidamente.

O domingo era o turno dos individuais masculinos. Os nosos catro valentes realizaron o programa completo e tres deles conseguiron a clasificación. Na categoría alevín, Patrick obtivo a prata na clasificación xeral e José foi 3º. En categoría infantil Damián foi 4º na clasificación xeral, obtendo así unha praza para o nacional. Edu ocupou o 6º posto e esta vez non puido ser.

Espera un mes de moito traballo, moita sorte!!

XIII Torneo Primavera Cidade de Ourense Gimnasia Rítmica

Y ya tenemos todo preparadísimo para nuestro Torneo!!

Antes que nada … mil gracias por todo el interés que ha generado el evento y mil disculpas por no haber podido incluir todas las solicitudes recibidas.

Muchísimas gracias también al Servicio Provincial de Deportes de la Xunta de Galicia por su colaboración. Y por supuesto a todas esas empresas ourensanas que nos acompañan: Abanca, Gadis, Ferreteria Gorgoso, Talleres Nespereira, Alumnios Monteagudo, La Librería y Óptica Penín.

Tendremos sorpresitas a modo de sorteos entre los y las participantes. Así que otras mil gracias a Fitgou., con su maravillosa ropa ritmiquera y Aceites Abril con sus saludables productos.

Casi 600 gimnastas, 40 clubes de Galicia y otras ocho Comunidades Autónomas nos esperan los días 22 y 23 de mayo frente a vuestras pantallas y estamos encantados de recibirles, aunque sea a distancia.

Os dejamos aquí el orden de actuación y minutajes de cada jornada (que ya sabéis que no son exactos).

Minutaxe Xornada 1

Minutaje Jornada 2


Moitísima sorte a todos e todas nas vosas grabacións!!

Campus de Verán 2021- Escola Ximnasia Pavillón

Aínda non rematou a tempada pero sabemos que tendes gañas de prolongala e así ocupar parte dos vosos días de verán connosco.

Teremos moitas sorpresas da man de Yedra e algunha outra adestradora que a acompañará.

Iremos actualizando información nesta sección pero xa podedes descargar o documento de inscrición e protocolo Covid19.

Podes pedir máis información no teléfono 606681979 (en horario de 10:00 a 12:00 e de 18:00 a 20:00)

Inscrición

Protocolo Covid19


V Mostra de Escolas- I Torneo Individual Escolar

Achégase o final desta difícil tempada e non queremos despedila sen a Mostra de Escolas que tantos bós momentos nos fixo pasar nos últimos anos. Queremos seguir sendo precavidos e, aínda que sabemos que estades desexando voltar á normalidade, decidimos que sexa de novo online, xa que son moitas e moitos os ximnastas que se reúnen. Estades invitadas todas as escolas da provincia de Ourense para acompañarnos virtualmente.

Pero desta vez tamén quixemos comezar de xeito presencial con unha competición individual de nivel escolar, para os e as que menos oportunidade tiveron de mostrar os seus exercicios. Esta competición presencial terá lugar na Cancha Central do Pavillón dos Remedios o día 19 de xuño en xornada matinal. Tamén está aberta para as escolas da provincia de Ourense.

Bases V Mostra de Escolas e Individual Escolar

Documento de Inscrición Mostra de Escolas

Documento de Inscrición Individual

I Fase Promoción Liga Ourense-Lugo

(Barbadás 1 de maio de 2021)

O día do traballo era o mellor dos días para retomar a competición presencial cos nosos e nosas incansables ximnastas de promoción. Este ano con máis aliciente porque competimos cos nosos compañeiros e compañeiras de Lugo.

Na primeira hora da tarde era o turno da competición individual. As nosas tres ximnastas benxamíns, Adriana, Sofía e Carlota, ocuparon as tres prazas do podio: ouro,prata e bronce!!!

Marta e Rubén, en categoría alevín, teñen aínda cousiñas que correxir despois de retomar o exercicio individual hai poucos días. Marta foi 4º e Rubén 6º.

O conxunto benxamín obtivo o ouro, igual que as nosas infantís. Alevíns e cadetes ocuparon a 3º praza do podio. Os catro conxuntos teñen amplo marxe de mellora cara á II fase e galego.

Continuaremos traballando!!!

I Fase Escolar Ourense

(Barbadás 1 de maio de 2021)

Por fin, despois de dous anos sen unha competición presencial, puidemos saltar ó tapiz cos nosos conxuntos de nivel escolar. Finalmente, tras a baixa de última hora de dous conxuntos infantís, estivemos en Barbadás con once conxuntos. A noite do venres foi longa para todas as nosas ximnastas pero mereceu a pena.

As peques de iniciación acadaron o 2º e 4º posto, igual que os dous conxuntos prebenxamíns. O conxunto benxamín conseguiu a prata. O conxunto alevín foi 2º. Os conxuntos infantís, xa con aparato, tiveron varios erros que seguro que melloran cara á próxima cita, aínda así o Infantil B do CXPOurense acadou un empate no 1º posto, sendo os outros dous 4º e 6º. Os dous conxuntos cadetes obtiveron o ouro e o bronce e o máis alto do podio foi para as nosas incombustibles senior.

A por todas na próxima fase!!!

Control Clasificatorio Copa de España

O sábado día 24 de abril, no Pavillón dos Remedios, cinco dos nosos conxuntos loitaban por unha praza para a Copa de España.

As benxamíns estiveron moi correctas e acadaron a segunda praza. O conxunto alevín estreou un precioso exercicio con unha moi vistosa posta en escea e tamén foi segundo. Segundas foron tamén para as nosas infantís base con unha execución excepcional. As cadetes non tiveron un bó día e non lograron a clasificación, xa sabemos que o deporte non sempre da alegrías.

No nivel absoluto, as infantís estiveron fantásticas e obtiveron a mellor nota da categoría.

Quedan semanas de traballo duro ata final de maio, que nos veremos na Copa!!!

O Club Ximnasia Pavillón Ourense ten nova web!

Grazas por visitarnos na nósa nova web, onde poderás encontrar toda a información relacionada có club e a escola. Esta páxina contén todas as noticias publicadas anteriormente en 2021.


Se necesitas consultar algunha noticia antiga, o portal web estará dispoñible ata outobro de 2021 no seguinte enlace: Web Pre-2021



XIII Torneo Primavera Cidade de Ourense - Ximnasia

Convocatoria Modalidade Rítmica (22-23 de maio 2021)


Por fín temos xa camiñando o Torneo na modalidade de rítmcia. De novo ten que volver ser a través da pantalla pero, como todos os clubs e federacións, imos mellorando e buscando recursos novos. Queremos que disfrutedes todos e todas con este evento que terá dúas xornadas competitivas, unha delas adicada á competición autonómica (escolar e promoción) á que estades invitados todos os clubs de ximnasia galegos. O nivel nacional está aberto a todos os clubs da Federación Española de Gimnasia.


Adxuntamos as bases e documentos de inscripción para cada un dos niveis de competición. A inscripción debe ser enviada con data límite de 15 de abril. Pero lembrade que podedes seguir realizando inscripcións que quedarían en reserva por se se producisen baixas. Prestade atención ás categorías incluídas en cada nivel competitivo.


Bases Torneo Primavera Nivel Nacional

Bases Torneo Primavera Nivel Autonómico

Documento Inscripción Nivel Nacional

Documento Inscripción Nivel Autonómico


Nacional Conxuntos Nivel Absoluto

Por fin, despois dunha durísima tempada de confinamentos, clases ata as nove da noito nos conxuntos senior, aprazamentos de competición de última hora e con dúas tempadas a cabalo, demos por concluída a tempada 2020 con este nacional de conxuntos nivel absoluto.


Os primeiros en competir foron os conxuntos senior, en xornada completa do xoves. O conxunto senior do Escola Pavillón, primeiro ano no nivel absoluto para a maioría das súas compoñentes, rematou no posto 42 da clasificación xeral con un segundo pase moito mellor executado que o primeiro. O conxunto senior do CXPOurense, logrou o posto 25 na clasificación xeral e o 17 na Copa de España.


O venres na xornada de mañán competía o conxunto junior, tamén na súa primeira participación en nivel absoluto, e conseguía dous pases moi regulares e sen apenas erros, ocupando o posto 28 na clasificación xeral.


O sábado era o turno das infantís que lograron o posto 19 na clasificación da primeira rotación. O segundo pase, que foi un cúmulo de erros, nada habituais neste conxunto que sempre fai gala de seguridade, fíxolles baixar ata o posto 28 na clasificación xeral e 22 na Copa de España.


Dous destes conxuntos despediron a rítmica con esta competición, o conxunto junior e un dos senior. Estes dous conxuntos deixan un vacío na rítmica do club pero seguiremos disfrutando das senior como adestradoras de rítmica e como ximnastas de Estética e quen sabe se doutro modo algún día … CONTINUARÁ …


Nacional Conxuntos Nivel Base

Por fin chegou o día tan esperado e os nosos conxuntos de nivel base cumpliron sobradamente.


Os días 15 e 16 de marzo viaxamos coas 25 ximnastas de nivel base a Valencia para finalizar a tempada 2020.


As primeiras en actuar foron as cadetes e, tras esta dura tempada, lograron un gran exercicio que as colocou no postof 57 dos 71 conxuntos participantes.


Xa o martes os conxuntos alevíns e o prebenxamín realizaron uns exercicios extraordinarios. As alevíns de primeiro ano lograban o posto 19 da clasificación e as de segundo ano, as máis castigadas por confinamentos obtiveron o posto 23.


As prebenxamíns saíron ó tapiz con unha seguridade propia de ximnastas casi veteranas, pese a ter tan pouca experiencia competitiva, logrando colocarse no 9º posto, ás portas dun diploma nacional.


Parabéns a todas!!!!

Noticias máis antigas

As noticias anteriores a 2021 poden ser vistas no seguinte enlace: Noticias Pre-2021