Quén somos?


Un pouco de historia

Dende as súas orixes ata o ano 2003, o Club Ximnasia Pavillón, era, igual que tódolos Clubes Pavillón, unha sección do Club Atletismo Pabellón. Foi en outubro de 2003, sendo D. José Manuel Estévez Feijóo presidente do mesmo, cando se elaboraron os novos estatutos e quedou constituído como club independente co nome de Club Ximnasia Pavillón Ourense.

Durante todos todos estes anos de historia, o club tivo mellores e peores momentos, pasando incluso por situacións próximas á súa desaparición, alá polos anos noventa. Nese momento estableceuse un Regulamento Interno no que quedaba claro que o que se primaba era que fixeran ximnasia o maior número posible de nenas e nenos, pero intentando obter resultados capaces de mellorar a autoestima dos ximnastas para impedir o abandono precoz da actividade, conseguindo deste xeito o noso obxectivo prioritario: formar adestradores de “club” que deran continuidade á labor iniciada e crear unha masa social firme.

A partires do ano 1993 a rítmica do Club Ximnasia Pavillón comezou a facerse un oco nas competicións autonómicas. Na actualidade esta disciplina sitúanos entre os clubs galegos de referencia, tanto pola súa participación en campionatos autonómicos (escolares, de base e federados) e en campionatos nacionais como polos resultados acadados.

A modalidade de ximnasia artística tivo que ser abandonada debido á falta de adecuación da instalación coa que se contaba. Foi substituída pola modalidade de trampolín (Doble Minitramp e Tumbling) onde os e as nosas ximnastas pronto destacaron, chegando repetidamente a ser campións nacionais, conseguindo participación en Campionatos Mundiais (Dinamarca e Alemania), ximnastas na Selección Galega, etc. Nesta modalidade o Club conseguiu que Ourense fose un referente na práctica deste deporte durante moito tempo.

Tras uns anos de declive no número de ximnastas de trampolín, debido, entre outras causas, ó cada vez peor estado dos aparatos e falta de instalación, dende o ano 2008 vimos observando un ascenso no número de ximnastas e calidade dos mesmos, debido, en parte, á boa labor realizada polo Club Ximnasia Escola Pavillón, xermo da base dos nosos ximnastas. É , sobre todo, salientable o nivel acadado na modaliade olímpica de trampolín nos últimos anos.

A cesión da instalación deportiva do Campo da Feira en exclusiva para a práctica da ximnasia, dende setembro do ano 2012, aínda que con deficiencias que loitamos e conseguimos mellorar, supuxo para o noso club, a posibilidade dun máis rendible aproveitamento dos adestramentos nas dúas modalidades.

Acadamos moitos dos nosos obxectivos iniciais pero sabemos que aínda quedan moitas cousas por mellorar e moitos aspectos nos que avanzar, entre todos e todas tentaremos seguir progresando cos medios que temos ó noso alcance.

Contacto

Enderezo
Pardo de Cela, 2
32003 Ourense
España

Teléfono
691 405 641 (consultas xerais)
693 639 079 (inscripcións escola)

Email
cxpavillon@yahoo.es

CIF
G32312589



Directiva

Presidenta
Mª del Carmen Blanco González

Tesoreira
Concepción Rodríguez Docampo

Secretaria
María Rita Rodríguez López

Vocais
Jennifer Mann
Érika Barreiros Rivera

Susana Pérez Moredo

Andrés Castaño Ramos
Marcos de Martin Gutierrez
Roberto Nogueiras Rodríguez
Mª Pilar Iglesias Armada

Colaboradores
Consuelo Morenza López
Juan Carlos Mangana Losada
Marta Mª Cid Fernández