Blog

"Motivacion, compromiso e paixón: pilares do deporte"

No noso club sabemos que non son os resultados os que definen ós equipos senón a paixón que poñen en cada adestramento e en cada competicion, o compromiso que exhiben día a día e esa motivación intrínseca que pon en valor o proceso e é resultado do anterior. E todo isto non ten que ver co nivel, senón coa entrega e boa sintonía do equipo.

Como mostra disto, comparto convosco unha carta de despedida dunha das nosas adestradoras, Yedra, adicada a algunhas ximnastas dos seus conxuntos senior escolares, que teñen que deixarnos, despois dunha vida connosco, para converterse en universitarias. Esta carta tan entrañable é ademáis o síntoma máis claro dunha relación sana das ximnastas coa súa adestradora e co seu deporte.

Moitas grazas a ximnastas e adestradora por darnos tanto!!

"Quizás me hubiera gustado no estar escribiendo esto, porque significaría que seguiríamos juntas otro año más… pero toca cerrar la GRAN TEMPORADA que hemos tenido, y despedirse después de todos estos años de alguna de vosotras.

Ojalá se parara el tiempo y volviéramos al primer entrenamiento donde nos conocimos, donde no sabíamos que pasaríamos unos años increíbles llenos de aprendizaje y de superación. Pero sobre todo de disfrutar del deporte que más os ha llenado tantos años, y el cual algunas estabais a punto de abandonar. (Menos mal que no fue así 🙄)

Esta temporada os ha enseñado mucho, pero creo que lo que mejor hemos aprendido es disfrutar sobre el tapiz un ejercicio que no siempre sale bien, y que tiene errores, pero que a pesar de ello no nos rendimos y cada fallo nos acerca un poquito más al objetivo. Y me habéis hecho disfrutarlo con vosotras en cada competición, ver cómo cada vez que salíais al tapiz era un nuevo aprendizaje, con nuevos errores, nuevos nervios, pero muchas ganas de superar el ejercicio demostrando en dos minutos y medio, tantas horas y meses de entrenamiento.

Estoy orgullosa, de vosotras y de todo el trabajo que había detrás. No hay nada más bonito que dejar la rítmica sintiendo satisfacción por todo lo que habéis logrado juntas como equipo. Y como siempre nos dice una personita que nos ayuda y apoya mucho “ a veces, para dar en el clavo, hay que dar 100 veces en la herradura” y esta temporada, esta frase no nos puede definir mejor."


"Vivese mellor con mallas"

A punto xa de rematar unha nova tempada, cos seus bós e malos momentos, para ximnastas, adestradoras e familias. O cansancio mestúrase coa adrenalina das competicións e provocan unha montaña rusa emocional que ás veces nos esgota e entón … chega algo coma isto, unha carta dunha nai que nos fai tocar o ceo e que nos da esa enerxía infinita que unha sente cando ve que a súa labor é comprendida. Grazas, grazas, grazas!!!!

"La gimnasia rítmica os va enseñar todo: lecciones para la vida, responsabilidad, disciplina y respeto, concentración y te proporciona coordinación, y lo más importante, os ejercita para que tengáis un cuerpo fuerte y flexible. Hacer aquello que otros no hacen, para que mañana podáis cumplir aquello que otros no pueden. Los días duros son los mejores porque es cuando los campeones se hacen. Si consigues atravesar los días duros, entonces puedes superar cualquier cosa. No huyáis de un desafío. En lugar de eso corred hacia él, porque la única forma de conquistar el miedo es pisarlo con tus pies. Lucia y Natalia las que os forman en cada entrenamiento, sacando lo mejor, para que seáis capaces de ser buen@s gimnastas y aún mejores personas. Y quizá os parezca que a veces son demasiado exigentes, cuando en realidad, solo quieren lo mejor para vosotros/as. Están preparándoos para afrontar las diversas situaciones que nos presentará la vida, y para saber cómo aceptarlas y resolverlas de la mejor manera posible. Os enseñan en qué consiste el trabajo en equipo, a ser capaces de llegar a comprender que vuestr@s compañer@s, son como una nueva familia. Os enseñan a convivir con vuestro entorno en todo tipo de momentos, pues todos/as sabéis que en este deporte, siempre están ahí. Os enseñan todo lo que cuesta ganar, todo el sacrificio que conlleva, la cantidad de cosas que debemos dejar de lado para poder centrarnos en vuestro objetivo. Os enseñan lo fácil que se puede caer, pero lo importante que es levantarse. Os jugáis todo el trabajo realizado durante la temporada en un minuto y medio, o bien dos. Pero también, os enseñan a remontar, a saber sacar las cosas positivas de lo que habéis vivido, y a ser capaces de sacar de todo ello siempre aprendizaje. Su objetivo es siempre, que seáis capaces de reconocer vuestros errores para superaros a vosotros mismos, y conseguir sacar lo mejor. Son Dj, diseñadoras, psicólogas, amigas, además de convertirse en vuestro referente. Es por todo esto, que debemos darles el valor que verdaderamente tienen, tratarlas con respeto y tomaros todas las críticas que os hagan como constructivas. Tan sólo quieren lo mejor para vosotros/as y conseguir que mejoréis día a día, tanto a nivel deportivo, como a nivel personal.

La vida es mejor con mallas.

Dedicado a mis pequeñas Alicias, a Lucia en especial y a Natalia.

Gracias."

Carta dunha nai do conxunto infantil prebase

A ximnasia: un oasis no deporte feminino ou unha mostra máis do que queda por facer?

A tenor dos datos a ximnasia sí puidera parecer un oasis de igualdade no deporte: ten a maior porcentaxe de licencias femininas de todas as federacións nacionais, o maior número de técnicas, a maior porcentaxe de mulleres dirixindo clubs e, aínda que a presidencia da Real Federación Española está en mans dun home, os seus órganos de goberno dipoñen dunha paridade envidiable noutros eidos.

Pero se analizamos os datos de xeito máis profundo veremos, tristemente, que hai moita problemática a resolver. A ximnasia, a pesares de ser un deporte en franco crecemento, tanto en practicantes como en espectadores e espectadoras (en directo e retransmitido), e pese a ser un dos deportes que no noso país conta con eventos deportivos masivos que teñen un impacto económico importantísimo nas cidades-sede, segue a ser un dos deportes menos presente nos medios de comunicación.

Por outra parte o feito de que a ximnasia rítmica sexa un dos dous únicos deportes olímpicos ós que non se lle recoñece modalidade masculina, xunto coa natación artística, crea arredor destas especialidades deportivas unha aureola de “deporte de mulleres”, nada beneficioso para a igualdade e por suposto nada beneficioso para as mulleres que os practican.

E, por último, resulta moi curioso que cando se fala de igualdade no deporte como valor de empoderamento feminino, nunca, ou case nunca, se fala de ximnasia, senón de deportes máis maioritariamente masculinos, como fútbol, baloncesto, balonmán, etc. Como se o feito de tratarse dun deporte máis practicado por mulleres que por homes, restase importancia a práctica feminina, o que de novo volve resultar un maltrato contra as mulleres no eido deportivo: ximnastas, adestradoras, xuizas, presidentas, etc. Todo o deporte practicado por mulleres é feminino, se desenvolva ou non nun mundo masculino e require o mesmo grado de esforzo mantelo vivo e mostralo á sociedade.

Dende o noso club reinvindicamos a igualdade, o traballo en prol do deporte feminino, sen esquecer o dereito que os homes teñen de practicar as especialidades que algúns pretenden “relegar (dito isto con toda a carga negativa que supón) á categoría exclusivamente feminina”.

Taballamos tamén en prol da profesionalización da labor das adestradoras,con todos os beneficios que para o ensino do deporte ten o aproveitamento das habilidades adquiridas polas nosas deportistas ó longo da súa vida deportiva, para que, acompañadas da formación necesaria, poidan facer da ximnasia un modo de vida, se é o seu desexo. E, por certo, de novo volvemos atoparnos coa gran diferencia que existe entre sexos en canto a esta profesionalización da figura de “adestrador/adestradora”.

Concluimos por tanto que a ximnasia é unha mostra máis do que queda por facer e reivindicamos o dereito que nos corresponde como parte do deporte feminino.

A modo de resumo da nosa labor como club ó longo dos anos neste eido e con datos moi interesantes acerca da situación da muller no deporte na nosa contorna, adxuntamos un extracto dun proxecto que elaboramos en 2020.

Carmen Blanco González

Club Ximnasia Pavillón Ourense


A ximnasia un deporte para todos e todas (resumo)


Equípate en valores

Comezamos 2022 con un proxecto moi ilusionante. A partires do luns día 7 de febreiro e durante dez semanas, todos os grupos de rítmica dirixidos polas súas adestradoras reforzarán dez valores deportivos importantes. Durante todos estes días iremosvos facendo partícipes, a través das nosas redes sociais, do noso traballo.


"Segundo a Unesco, a educación no século XXI debe recoñecer cada vez máis o papel dos valores e as habilidades sociais para abordar os desafíos mundiais, como a inactividade, a desigualdade, o desemprego e os conflitos. O deporte pode ensinar valores como a equidade, a responsabilidade, a tolerancia, a empatía, a inclusión, a perseverancia e o respeto.

A Unesco está desenvolvendo programas de Educación en Valores a través do Deporte (EVD), que fomentan a aprendizaxe activa, complementan as aptitudes cognitivas, depositan nos nenos e nenas unha responsabilidade cada vez maior e incrementan os seus niveis de concentración e participación.

A poboación infanto-xuvenil afectada pola pandemia do virus SARS-CoV-2 viu radicalmente mermada a variedade dos seus estímulos sociais debido ao confinamento e ao decreto de distancia social, que conlevou un cambio radical dos seus hábitos de vida, limitando as relacións con iguais e a actividade psicomotriz no exterior do domicilio. Durante estes anos perdéronse moitas oportunidades de aprendizaxe social, o cal se está vendo reflectido nas súas relacións, e no aumento substancial dos problemas de resolución de conflitos e dos problemas de xestión emocional. Os nenos e nenas son aprendices sociais entusiastas e desenvolven habilidades como compartir, resolver conflitos e empatizar a un ritmo rápido na súa interacción con iguais.

Traballar en equipo é difícil, principalmente porque necesita dun competente solidario moi elevado. O deporte axuda a educar para favorecer o ben común por riba do individuo, priorizando o que necesita o equipo sobre os intereses persoais. Si este tipo de valores non se inculcan dende pequenos, será difícil que na adolescencia e na idade adulta formen parte da nosa filosofía de vida. O deporte ten o poder de proporcionar un marco universal para o aprendizaxe de valores, contribuíndo así ao desenvolvemento de habilidades necesarias para unha cidadanía responsable.

O obxectivo deste proxecto é reforzar esa educación en valores que podemos recibir a través do deporte e que tan necesaria é para os nenos e as nenas de hoxe en día. Ao mesmo tempo, pretendemos involucrar ás familias no proxecto, elas son un axente imprescindible para a formación integral dos deportistas."

Natalia Gómez Blanco

Coordinadora da sección de Ximnasia Rítmica

Club Ximnasia Pavillón Ourense




Grazas!

Hoxe remata 2021 e son días de lembranzas. Poñemos fin a un ano e desexamos cousas marabillosas para o que comeza. E así, como non podía ser doutro xeito, remata o ano para esta familia da ximnasia, unha familia viva que ten memoria e grandes ilusións.

O último Torneo Nadal foi un torneo cheo de historia, dunha historia que nos trouxo ata o que hoxe en día somos e que nos debe facer estar orgullosos e orgullosas. Lembramos a Marosa, esa persoa que deixou no mundo un cargamento de positividade e que foi pilar importante no noso club, esa persoa que xa nunca deixará de acompañarnos porque o seu nome irá sempre unido ó noso. Tamén lembramos a todos eses e esas ximnastas, adestradores e adestradoras, que decidiron, nos últimos anos, aparcar a competición pero que seguen formando parte da vida do noso club, do mesmo xeito que recoñecen que formamos parte das súas.

A memoria é esencial para evolucionar, tanto colectiva como individualmente, é unha ferramenta indispensable na educación porque nos permite crear a base necesaria para relacionar experiencias e coñecementos. Como club, esta memoria fainos crecer, afianza a nosa estructura, ortórganos identidade e humanízanos. Pero cando un 19 de decembro de 2021 comprobamos que formamos parte das memorias individuais de tantos mozos e mozas, cando nos transmiten que formamos parte da súa personalidade, da súa educación, dos seus valores, etc. e cando comprobamos que seguen formando parte deste club pasen os anos que pasen, podemos dicir que estamos no camiño correcto.

Este final de ano, que esperamos sexa o final de dous anos duros, temos moito que agradecer a todas as familias que nos acompañan día a día. Grazas á familia de Marosa que, coa súa presenza no Torneo Nadal, nos mostrou que temos un papel importante nas súas vidas. Grazas a todos e todas os/as ximnastas e adestrador que ese día vos despedistes connosco duns anos inolvidables. E o noso infinito agradecemento a Sara e a todo o equipo de “miniaguilillas” por poñer palabras á memoria de toda unha vida deportiva, palabras que, de seguro, moitos e moitas dos/as ximnastas que formastes e formades parte deste club poderiades facer vosas.

Os nosos desexos para 2022 resúmense nun só:

“Queremos seguir sendo importantes para vós e queremos que esta carta de Sara siga sendo o sentir dos mozos e mozas que nos acompañan día a día e ano tras ano”


M. Carmen Blanco González


Gracias-Sara Blanco Daparte


Carta para un valiente

¡No llores! ¡Sé fuerte y lucha por lo que es tuyo!

Recuerdo aquellas palabras con fuerza en mi cabeza. Las pronunciaba mi padre con la intención de animar y sacar de un niño acomplejado toda su valía y capacidad ante lo que para mi resultaba una dificultad enorme: “El partido de futbol del sábado ante nuestros rivales, el colegio del centro de la ciudad”.

Supongo ahora la intención. Era su manera de motivar a un niño de 10 años para enfrentarse al miedo de no llegar a ser válido, de no ser lo suficientemente fuerte para afrontar al resto y cumplir en el fragor de la batalla. Era su manera de ayudarme e superar mi miedo escénico y hacer frente a mi contrincante, que posiblemente reflejara en su mirada, igual que yo en la mía y sin aprobación, sus miedos internos a no ser el fuerte, el enérgico, el resistente, el firme, en definitiva: el mejor.

Y ahora que mi papel ha cambiado, soy yo el que te observa desde la grada, a ti sólo, ante un asombrado auditorio que visualiza en ti todo aquello que yo buscaba, aquello que yo no supe sacar porque no tenía tus agallas. Eres fuerza, dulzura, coordinación, elegancia, flexibilidad, potencia, expresividad… Tu pasión es tu vitamina, resiliencia es tu apellido.

Recuerdo esos primeros días cuando te sentías extraño por ser el “diferente”, por haber entrado en un deporte que supuestamente no te pertenecía. Pero tu personalidad demostró que ningún deporte tiene “género”, que ninguna meta es infranqueable si uno se lo propone, que lo único desigual es la mirada del que observa y juzga. Como el que busca encuentra, en tu camino se cruzaron otros como tú, ahora compañeros en la misma lucha y con el mismo fin. Todo gracias a un Club que buscaba consolidar aquí una sección masculina en un deporte que ellos sí consideran también para vosotros. Vuestra unión resulta admirable, fantástico apoyo entre el grupo que os hace más fuertes.

Gracias “cariño” por ser tú en un mundo de todos, de todo aquel que quiere demostrar sus capacidades y lucha con fuerza para conseguirlo.

Gracias a todos los que como tú se esfuerzan cada día por mostrar lo iguales que somos en un mundo de diferentes obstinados.

Gracias por ser lo que sois…. VALIENTES!.


Xa temos blog!!

A partires de hoxe estreamos blog. Esta sección está á vosa disposición para que compartades connosco experiencias, coñecementos e todas aquelas cousas que nos poidan enriquecer.

Estade moi atentos porque ... xa temos cousas marabillosas que vos faremos chegar de seguida!


A partir de hoy estrenamos blog. Esta sección está a vuestra disposición para que compartáis con nosotros y nosotras experiencias, conocimientos y todas aquellas cosas que nos puedan enriquecer.

Estad muy atentos porque ... ya tenemos cosas maravillosas que os haremos llegar enseguida!