Club Ximnasia Pavillón Ourense

Benvidos!

Este club ten unha historia de máis de trinta anos competindo en diferentes modalidades: ximnasia artística feminina, ximnasia artística masculina, trampolín, ximnasia rítmica e ximnasia estética.

Os logros obtidos no transcurso de todos estes anos son froito dun traballo conxunto de moita xente á que queremos agradecer o seu esforzo e colaboración na empresa común que nos une:

  • Os socios fundadores, Xunta Directiva e adestradores do Club Ximnasia Escola Pavillón (algún destes últimos forma parte tamén do noso corpo técnico), creado no ano 2005 para dar cabida a tantos nenos e nenas que desexan facer ximnasia en Ourense e que, a través da mellor organización de que son capaces, contando con escasos medios para atender a tanta demanda, está facendo posible que exista unha canteira importante de ximnastas na nosa cidade.

  • A Escola Municipal de Barbadás, a través da cal se formaron e forman moitas ximnastas que chegan a formar parte do noso club. E tamén a outros concellos que van contando connosco para a creación das súas escolas deportivas (Xinzo de Limia, Celanova, Ribadavia), e que confiamos en que cada vez sexan máis.

  • A ANPAS dos colexios de Ourense, que confían en nós para crear nos seus centros escolas de ximnasia, o que nos permite seguir facendo base.

  • Os membros da Federación Galega de Ximnasia, que no desenvolvemento do seu traballo permiten melloras como a tecnificación de ximnastas e adestradores e crecemento do noso deporte, entre outras cousas.

  • A entidade ABANCA, que nos apoia económicamente dende o ano 2008.

  • Os organismos públicos dos que recibimos subvencións:

    • Consello Municipal de Deportes

    • Xunta de Galicia

    • Deputación Provincial

  • Antiguos e actuais adestradores, directivas, ximnastas e familias de ximnastas, que permitiron e permiten que o club chegase ata onde hoxe está.

Gracias a todos eles hoxe somos… familia CXPOurense

Adestramentos

Protocolo Covid19

Campo da Feira

  • Luns 18:00 - 21:00

  • Martes 16:00 - 21:00

  • Mércores 16:00 - 21:00

  • Xoves 16:00 - 21:00

  • Venres 16:00 - 21:00

  • Sábado 9:00 - 15:00

Pavillón Remedios

  • Mércores 16:00 a 20:00

  • Venres 16:00 - 20:00

  • Sabado 9:00 - 16:00

* Cada grupo de ximnastas, según categoría e modalide, ten un horario asignado

Carousel imageCarousel imageCarousel imageCarousel imageCarousel imageCarousel imageCarousel imageCarousel imageCarousel imageCarousel imageCarousel imageCarousel imageCarousel imageCarousel imageCarousel imageCarousel imageCarousel imageCarousel imageCarousel image