Club Ximnasia Pavillón

 
 


Este club ten unha historia de máis de trinta anos competindo en diferentes modalidades: ximnasia artística feminina, ximnasia artística masculina, trampolín e ximnasia rítmica.


Os logros obtidos no transcurso de todos estes anos son froito dun traballo conxunto de moita xente á que queremos agradecer o seu esforzo e colaboración na empresa común que nos une:


  1. Bullet Os socios fundadores, Xunta Directiva e adestradores do Club Ximnasia Escola Pavillón (algún destes últimos forma parte tamén do noso corpo técnico), creado no ano 2005 para dar cabida a tantos nenos e nenas que desexan facer ximnasia en Ourense e que, a través da mellor organización de que son capaces, contando con escasos medios para atender a tanta demanda, está facendo posible que exista unha canteira importante de ximnastas na nosa cidade.

  2. BulletA Escola Municipal de Barbadás, a través da cal se formaron e forman moitas ximnastas que chegan a formar parte do noso club.

  3. BulletA ANPA do CEIP de Prácticas (Anexa) de Ourense, que permitiu que no ano 2009 se iniciara no seu centro a actividade de ximnasia rítmica, o que nos permite seguir facendo base.

  4. BulletOs membros da Federación Galega de Ximnasia, que no desenvolvemento do seu traballo, pouco ou, en ocasións, nada remunerado, permite melloras como a tecnificación de ximnastas e adestradores, entre outras cousas.

  5. BulletA entidade Caixanova, que nos apoia económicamente dende o ano 2008, e permite a organización, dende o ano 2009, do Torneo de Primavera Caixanova.

  6. BulletA empresa ourensá Aceites Abril, colaborador económico do club dende o ano 2010.

  7. BulletA empresa AGS 11, colaborador económico do club dende o ano 2011.

  8. BulletOs organismos públicos dos que recibimos subvencións:

  9. BulletConsello Municipal de Deportes

  10. BulletXunta de Galicia

  11. BulletDeputación Provincial

  12. BulletAntiguos e actuais adestradores, directivas, ximnastas e pais de ximnastas, que permitiron que o club chegase ata onde hoxe está.


Gracias a todos eles hoxe somos

 

Benvidos...

Adestramentos

CAMPO DA FEIRA

  1. BulletLuns 18:00 - 20:30

  2. BulletMartes 16:00 - 18:00

  3. BulletMércores 18:00 - 20:30

  4. BulletXoves 16:00 - 18:00

  5. BulletVenres 18:00 - 20:00

  6. BulletSábado 9:00 - 14:00


PAVILLLÓN REMEDIOS

  1. BulletVenres 18:00 - 20:00

  2. BulletSabado 9:00 - 14:00


Últimas noticias