Noticias‎ > ‎

X Torneo Primavera de Ximnasia CXP-Ourense

publicado a la‎(s)‎ 20 feb. 2018 10:50 por carmen blanco   [ actualizado el 20 feb. 2018 14:49 ]
Xa temos de novo en marcha o X Torneo de Primavera de Ximnasia. Terá lugar no Pavillón dos Remedios o día 14 de abril. Sentímonos moi agradecidos con todos os clubes que xa realizaron a súa inscripción ata este momento e con todos os clubes galegos en xeral pola súa boa disposición con este Torneo. O noso agradecemento tamén á Federación Galega de Ximnasia por concedernos a oficialidade.  Estará sen dúbida a mellor ximnasia galega e esperamos que de outras comunidades. Como novidade, este ano, haberá competición de conxuntos de nivel absoluto, conxuntos que estarán en plena tempada de Copa de España. 

 As escolas provinciais estades invitadas a exhibir os exercicios dos vosos conxuntos, como toma de contacto cara as citas provinciais e autonómicas. 

Adxuntamos bases e documentos para inscripción.
Ċ
carmen blanco,
20 feb. 2018 10:50
ĉ
carmen blanco,
20 feb. 2018 10:51
ĉ
carmen blanco,
20 feb. 2018 10:53
ĉ
carmen blanco,
20 feb. 2018 10:54
ĉ
carmen blanco,
20 feb. 2018 10:55
Comments