O domingo de 10:00 a
14:30h tivo lugar no Pazo dos Deportes Paco Paz, a Copa Deputación de ximnasia.
Con esta fase final de Copa Deputación,
as escolas de ximnasia pavillonistas poñen un punto e final ata outubro. As nosas individuais, Martina, Sabela e Paloma, foron
campionas provinciais nas súas respectivas categorías. Tres dos conxuntos
escolares do Club Ximnasia Pavillón obtiveron medalla, dous deles o ouro, nunha
competición cada vez máis numerosa e na que as escolas provinciais mostran un
nivel cada vez máis alto. Á súa vez, o Club Ximnasia Escola Pavillón obtivo
pódium con outros tres conxuntos. Aquí vos deixamos as clasificacións e fotos
dos pódiums pavillonistas: CLASIFICACIÓNS CONXUNTOS: CATEGORÍA INICIACIÓN: ü 2º CLASIFICADO: ESCOLA XIMNASIA PAVILLÓN CATEGORÍA PREBENXAMÍN: ü 1º CLASIFICADO: ESCOLA XIMNASIA PAVILLÓN ü 4º CLASIFICADO: CLUB XIMNASIA PAVILLÓN CATEGORÍA BENXAMÍN: ü 1º CLASIFICADO: CLUB XIMNASIA PAVILLÓN ü 4º CLASIFICADO: ESCOLA XIMNASIA PAVILLÓN CATEGORÍA INFANTIL: ü 3º CLASIFICADO: CLUB XIMNASIA PAVILLÓN ü 4º CLASIFICADO: ESCOLA XIMNASIA PAVILLÓN CATEGORÍA CADETE: ü 1º CLASIFICADO: CLUB XIMNASIA PAVILLÓN ü 2º CLASIFICADO: ESCOLA XIMNASIA PAVILLÓN CLASIFICACIÓNS INDIVIDUAIS ü Martina Gil Romasanta- CXP - categoría de iniciación ü Sabela Álvarez -CXP– categoría benxamín
ü Paloma Oliver Tovar-CXP - categoría cadete. Os nosos conxuntos participaron tamén o sábado día 28 en Riazor, xunto con conxuntos das Escolas Municipais de Barbadás, Xinzo e Celanova, no Campionato Galego de nivel Escolar, nunha competición de cada vez máis alto nivel, na que son as provincias de Coruña e Pontevedra as máis fortes. De todos os conxuntos ourensáns o que mellor clasificación obtivo foi o cadete do Club Ximnasia Pavillón que, a pesares de dous erros importantes, foi 6º. Para o resto de conxuntos foi unha interesante experiencia. |
Noticias >