PRIMEIRA MEDALLA DO CLUB NO EUSKALGYM PARA AS NOSAS BENXAMÍNS As cadetes foron as primeiras en competir e, pese a ser a súa primeira competición fóra de Galicia e medirse con conxuntos de nivel base, foron quen de realizar o seu exercicio con moito acerto, obtendo o posto 29. O domingo as máis madrugadoras foron as alevíns de nivel base que realizaron un excelente exercicio que as colocou quintas. As infantís de base tiveron algún erro que, a pesares de ser quen de reaccionar con aplomo, as levou ó posto 22. As infantís de nivel absoluto non tiveron un bó día e colocaronse no posto 30. A sorpresa chegaría coas benxamins que, tras realizar un excelente exercicio obtiveron a prata, proclamándose subcampionas do Euskalgym na súa doceava edición. As junior realizaron tamén un excelente campionato e foron cuartas a escasas décimas do terceiro e incluso segundo clasificado. O conxunto senior disfrutou na pista e, aínda que con erros a pulir cara ó nacional de Valladolid, obtiveron o posto 27. Boas sensacións cara ás seguintes citas!!! Parabéns a esas pequenas grandes benxamins!! |
Noticias >