Na xornada de mañán desenvolveuse o campionato de promoción de conxuntos e individual. Os conxuntos minibenxamín A e minibenxamín B foron primeiro e segundo respectivamente. O conxunto benxamín conseguiu o ouro, ouro que tamén conseguiu Iria Cudeiro, na categoría prebenxamín do campionato individual. Daniela Abad e Sara Blanco foron terceiras nas categorías benxamín e alevín respectivamente. Na xornada de tarde, na categoría alevín as pavillonistas Lucía González (mas libres) e Sabela Rodríguez (pelota) foron segunda e tercera clasificadas respectivamente, conseguindo xunto con María Rodríguez Cancio, o terceiro posto por equipos nesta categoría. EnNa categoría infantil, Lorena Braña foi 2º en aro e 3º en mazas, Eva Rebollo foi 1º en corda, aparato no que foi terceira Candela Sierra; Paula do Olmo fixose co ouro en mazas. Na clasificación por clubes o equipo infantil A (Lorena Braña e Eva Rebollo) foron las primeiras clasificadas. Na categoría junior, o Club Ximnasia Pavillón fixose con varios metai en todos os aparatos. Nerea Sastre foi 1º en pelota e 2º en cinta, Ana Mangana foi 1º en cinta e 2º en aro. Blanca Valencia foi 3º en pelota e Sara Failde 2º en mazas. Na clasificación por euipos, o Pavillón B foi 2º e 3º o A, aínda que empatados en puntos, sendo o maior número de pódiums o que desmpatou o resultado. As entrenadoras están satisfeitas do bó facer de casi todas as ximnastas neste torneo, debendo limar cara á competición do vindeiro día 18, certos erros e imprecisións. Moitas grazas e parabéns a todos os clubes pariticpantes. |
Noticias >