Noticias‎ > ‎

VII Torneo Primavera CXP-Espectacular xornada de Ximnasia Rítmica

publicado a la‎(s)‎ 19 may. 2015 3:46 por carmen blanco



Déronse cita vinte clubes galegos e case 500 ximnastas. A carón da competición moitas escolas deportivas: escolas deportivas provinciais (Celanova e Barbadás) e de centros educativos (CEIP “Antonio Faílde” de Coles, CEIP de Seixalbo e CEIP A Ponte) , ademáis da propia escola pavillonista. Todas elas mostraron o seu traballo de todo o curso.

O máis salientable da xornada: o bó e san ambiente deportivo.

Pola mañán tivo lugar a competición nas categorías cadete base e junior e senior federado en modalidade individual. Foron as ximnastas pavillonistas as que dominaron o medalleiro.

Xa pola tarde tivo lugar a competición de conxuntos de promoción (categorías prebenxamín, alevín e infantil), individual promoción (categorías prebenxamín, benxamín e alevín), individual base (categorías benxamín e alevín) e individual federado (categorías alevín e infantil). Nesta sesión da tarde os premios estiveron máis repartidos pero na competición individual o Club Esquío fíxose coa maior parte dos ouros por aparatos.

No arquivo adxunto podedes ver o medalleiro de ambas xornadas.

Sen dúbida o máis espectacular da tarde foron as tres exhibicións do oito veces campion de España de ximnasia rítmica masculina, Rubén Orihuela, que fixo levantar a grada cos seus exercicios de pelota, mazas e cinta. Este ximnasta dirixiu pola mañán unha master class para unha treintena de nenas de todo Galicia. Ademáis estivo traballando coas ximnastas e adestradoras pavillonistas durante a xornada do xoves e sábado. Deixou un selo de profesionalidade, carisma, disciplina e sobre todo humildade.

Moitas grazas a todos os clubes participantes e moitas grazas a este magnífico ximnasta, Rubén Orihuela.

O próximo ano … máis e mellor!
Ċ
carmen blanco,
19 may. 2015 3:46
Comments