Noticias‎ > ‎

VII Torneo de Primavera de Ximnasia CXP

publicado a la‎(s)‎ 28 abr. 2015 13:07 por carmen blanco
Xa quedan só horas para este gran día!.  Son case 500 ximnastas os que participarán nesta edición,  na quecontamos con dezanove clubes e escolas de todo Galicia, que estarán presentes na Cancha Central do Pavillón dos Remedios para facernos pasar un día moi especial. 

Rubén Orihuela, que pola mañán dirixirá unha master class no Polideportivo do Campo da Feira para máis de trinta ximnastas de todo Galicia, acompañadas dos seus adestradores e adestradoras, realizará durante a xornada da tarde tres exercicios de exhibición. 

Durante a xornada de mañán terá lugar a competición individual de base (categoría cadete) e individual federado (junior e senior). Na xornada de tarde desenvolverase a competición na modalidade de conxuntos de promoción e individual promoción, individual base (benxamín e alevín) e individual federado (categorías alevín e infantil). Ó longo da xornada haberá exhibicións de escolas de ximnasia da nosa provincia e escolas de varios centros de ensino.

O Centro Comercial Pontevella cede de xeito gratuíto o seu parking  durante todo o día para faciltar o aparcamento tanto de participantes como de asistentes a este evento. 

Nos arquivos que engadimos tendes o Orden Completo do Torneo con minutaxe, aínda que este pode variar a consecuencia do desenvolvemento das sesións.

Esperamosvos con moita ilusión e desexando que pasedes connosco un fantástico día. Ata moi pronto!
Comments