Por oitavo ano conscutivo, tivo lugar o domingo día 10 de abril, na Cancha Central do Pavillón dos Remedios, unha competición que é xa emblemática na rítmica galega. Arredor de 400 ximnastas, 19 clubes galegos e unhas gradas a rebosar. Pola mañán foi o nivel promoción-base o que saltou ó tapiz, coas modalidades individual (tan só as categorías iniciación e prebenxamín) e conxuntos (prebenxamín, alevín, infantil e xuvenil). As pavillonistas fixeronse con cinco ouros (tres deles en conxuntos), unha prata e un bronce. Xa pola tarde, na competición individual de nivel absoluto, foron as categorías infantil, junior e senior, as que mostraron os exercicios cos que competirán o vindeiro domingo en Vigo para acadar unha praza para o nacional. Nesta xornada de tarde obtivemos seis ouros, catro platas e tres bronces. Cada unha das dúas xornadas contou con diversos exercicios de exhibición de conxuntos escolares, grupos de ximnasia xeral e rematando cada unha delas con unha espectacular exhibición de danza, coreografiada pola profesora de ballet do Club Ximnasia Pavillón, Irina Iembergenova. |
Noticias >