Noticias‎ > ‎

VIII Torneo de Primavera de ximnasia

publicado a la‎(s)‎ 4 mar. 2016 4:09 por carmen blanco   [ actualizado el 4 mar. 2016 4:25 ]


Un ano máis temos convocado o Torneo de Primavera de ximnasia rítmica que, este ano vai xa pola súa oitava edición. Tendes nesta páxina todos os documentos para a vosa inscrición.

Finalmente foinos concedida a oficialidade por parte da Federación Galega de Ximnasia, á que agradecemos esta concesión, que supón un valor engadido para este torneo. A oficialidade leva consigo unha serie de obrigas respecto á normativa de competición e inscrición que, unha vez nos foi informado pola Federación Galega, resumismos:
  • Na modalidade de competición Individual Escolar-Promoción, que se puntuará según normativa técnica de promoción, debedes incluir na inscrición o nivel das ximnastas (escolar ou promoción).
  • Na modalidade de conxuntos Base-Promoción que serán puntuados según normativa técnica de base, debedes especificar o nivel do conxunto (base ou promoción)
  • Debido a que esta última información ten lugar preto da data límite de inscrición, este será ampliado ata o día 11 de marzo
  • Todas as ximnastas inscritas deben ter a licencia en vigor e subida á páxina da RFEG antes do día 18 de marzo (data na que se enviarán as inscricións á FGX para a súa revisión

NOTA: a información dos puntos 1 e 2 irá especificada no orden de actuación e nas actas de competición

Esperamosvos o día 10 de abril no Pavillón dos Remedios!

Comments