Noticias‎ > ‎

VII Copa Galiza Internacional de Trampolín

publicado a la‎(s)‎ 21 feb. 2016 11:08 por Pilar Iglesias   [ actualizado el 21 feb. 2016 11:14 ]


Ao redor de 150 ximnastas de trampolín déronse cita esta fin de semana (sábado 20 e domingo 21) no Pazo dos Deportes Paco Paz. Acudiron ao evento clubs de Valladolid, Granada, Burgos, Zaragoza, Castilla La Mancha, Cataluña, e un club de Portugal; acudiron tamén os cinco clubs de ximnasia que hai en Galicia: Traboada, Sieiro, Club Ximnasia Pontevedra, Club Ximnasia Pavillón e Escola Burgas.

Por parte do Club Ximnasia Pavillón Ourense acudían 14 ximnastas con idades comprendidas entre os 10 e os 18 anos para competir nas modalidades de dobre minitramp e trampolín

O club ourensán colocou nas finais de trampolín a 13 ximnastas e a 10 en DMT rematando a competición con 19 medallas.

Nivel 1

Hugo Rodríguez Pérez 1º en TR 2º en DMT
Marta Rodríguez Cancio 1ª en TR 2ª en DMT
María Fu-ju García Varela 2ª en TR 1ª en DMT
Arancha Bello Rodríguez 3ª en TR 3ª en DMT

Nivel 2

Alejandra Braña Barreiros 1ª en TR
Rocío Salas Cid 3ª en TR
Candela Ferreira Pardiñas 2ª en DMT

Nivel 3

Noa Puente-Dod Álvarez 1ª en TR 3ª en DMT
María Salas Cid 3ª en TR 2ª en DMT

Nivel 4

Guillermo García Varela 2º en TR

Nivel 5

Diego Feijoo González 3º en TR

SINCRONISMO

Diego Feijoo González/ Guillermo García Varela 3º
María Salas Cid/ Noa Puente-Dod Álvarez 3ª

Éde destacar o boo nivel competitivo dos mais pequenos do Pavillón, Hugo, Mrta, María e Arantcha que acadaron podio nas dúas modalidades. Tamén e de destacar a participación de Guillermo García Varela (15 anos) que conseguío destacar nunha categoría dun elevado nivel. 

Comments