Foi na categoría alevín na que ofreceron as mellores actuacións, que colocaron ó conxunto do Club Ximnasia Escola Pavillón como subcampionas galegas. As nosas peques alevíns, todas elas de primeiro ano de alevín, foron quintas, logrando a clasificación para o nacional e deron mostras nas dúas xornadas de competición dunha gran regularidade. Na categoría infantil fomos tamén subcampionas e na categoría junior as nosas ximnastatas acadaron o primeiro posto. Esta xornada pecha os campionatos autonómicos de conxuntos de base e absolutos, logrando as nosas ximnastas un total de tres ouros e dúas pratas. A tempada de conxuntos terá a súa continuación en sendos nacionais, nos que trataremos de mellorar a calidade dos nosos exercicios limando os erros habidos nos galegos. Adestradoras, ximnastas e todo o club, estamos moi orgullosos desta parte da tempada que está sendo a mellor do club de toda a súa historia. Pero non podemos baixar a guardia porque o resto de conxuntos galegos están mostrando tamén a súa melloría na competición. Parabéns a todos os conxuntos galegos e sobre todo as nosas ximnastas¡¡¡ |
Noticias >