Desde os día 4 ao 6 de outubro celebrouse en Valladolid no Polideportivo do Pisuerga o Torneo Internacional de Trampolín, Ciudad de Valladolid. A esta competición acudiron 13 dos ximnastas Nivel Elite do CXP que están incluídos no Plan de Patrocinios da Xunta de Galicia (Deporte Galego, Galicia Saudable, A Banca) xunto cos seus adestradores Inmaculada Pazos Sánchez-Rubio e Iago Covela Iglesias. Ao evento acudiron, segundo a información dada pola RFEG, 20 países. Oito ximnastas conseguiron entrar en finais destacando a participación dos mais pequenos: Mateo Rodríguez Pérez (11-12 anos) rematou en 7ª posición na modalidade de Trampolín nunha categoría dominada por Bulgaria e en 4ª posición en DMT. Pola súa banda Claudia Blanco Cidón acadou un meritorio 5º posto en Trampolín temén superada pola búlgaras e unha grega. Noa Puente-Dodd Álvarez (17-21 anos) pola súa banda fíxose coa medalla de prata en DMT, superada pola australiana Cheyanna Robinson; a súa compañaira María Salas Cid quedou en 4ª posición. En Trampolín Noa rematou a ronda preliminar en 5ª posición pero algún fallo nas finais relegouna á 7ª posición superada por americanas e germananas e pola española Paula Vázquez. Entraron tamén en finais de DMT os seguintes ximnastas: Saúl Rodríguez Rodríguez (6º), Hugo Rodríguez Péres (7º), Nicolás Cid Rancaño (5º) e Lucas Domuro Arias (4º) Aínda que non conseguiu entrar en finais compre destacar a participación de Alejandra Braña Barreiros que na categoría 15-16 de Trampolín foi a española mellor clasificada (10ªposición) nunha categoría dominada por Italia, EEUU e Georgia. Por último temos que lembrar que o equipo elite está incluído ese ano no Plan de Patrocinios da Xunta de Galicia (Deporte Galego, Galicia Saudable e A Banca).
|
Noticias >