Noticias‎ > ‎

Ouro para os dous conxuntos pavillonistas no Campionato Galego de Base

publicado a la‎(s)‎ 26 oct. 2014 12:02 por carmen blanco


O domingo día 19 de outubro tivo lugar no Pavillón dos Remedios o campionato galego de base de conxuntos. O Club Ximnasia Pavillón participaba con dous conxuntos, un de categoría benxamín e outro de categoría cadete. Ambos obtiveron o primeiro posto da competición.

As benxamíns (Iria, Sara, Daniela, Noa, Antía, Vera eYaiza) obtiveron o primeiro posto na clasificación, con un primeiro exercicio con certos erros e un fantástico segundo pase.

Na categoría cadete o conxunto formado por Marta, Ainoa, Yanira, Lucía, Ilmira e Lidia proclamaronse campionas galegas con dous espléndidos exercicios que fixeron as delicias de todos os nosos aficionados.

Os dous conxuntos participarán no Campionato Nacional de Base en Castellón entre os días 21 e 23 de novembro.

Xa en xornada de tarde tivo lugar a primeira fase do campionato galego absoluto. Dos catro conxuntos pavillonistas participantes, o conxunto infantil foi o máis regular, con dous excelentes exercicios que o colocaron na segunda posición nesta xornada. Os restantes tiveron menos regularidade realizando un dos pases con menos acerto que colocou ás alevíns cuartas e quintas na clasificación e as junior segundas. Os catro conxuntos teñen posibilidades intactas para a súa clasificación para o nacional que terá lugar en Zaragoza entre os días 11 e 14 de decembro.

Moito ánimo a todas para esa segunda fase de competición absoluta que promete ser moi emocionante!!
Comments