publicado a la(s) 29 mar 2016 11:11 por carmen blanco
[
actualizado el 7 abr 2016 13:18
]
Xa comeza a conta atrás para o noso Torneo. Moitas grazas a todos os clubes participantes. Comunicamos que o domingo día 10 de abril o Centro Comercial Pontevella abre o seu parking de xeito gratuíto durante todo o día para que todas as familias teñan solucionado o problema do aparcamento (que é complicado nos arredores do Pavillón dos Remedios). O Torneo comezará ás 11:00 horas (competición conxuntos promoción-base e individual promoción-escolar) e as medallas e trofeos destas competicións serán entregardas arredor das 13:35 horas. Pola tarde, na que tera lugar a competición individual de clubes, comezaremos ás 15:45 horas. Moitas grazas ó Centro Comercial Pontevella, Abanca e Caldaria pola súa colaboración co noso Torneo. Agradecemos tamén de antemán as axudas institucionais que todos oa anos permiten que este evento, e outros, teñan lugar: Consello Municipal de Deportes e Deputación Provincial. Achegamos o orden con minutaxe aproximado. Non esquezades que este pode sufrir algún retraso ou adianto ó longo da competición. |
|