Catorce saltadores do equipo elite acudiron a Madrid á competición Open da Comunidade. Competiron con equipos de Cataluña, Canarias, Castilla La Mancha, Castilla León e Gaicia, xuntándose un total de 100 saltadores. A competición desenvolveuse con bastante acerto, traendo para Ourense 5 medallas. En categoría Sub-15, a pequena Marta Rodriguez Cancio de 11 anos acadou a medalla de ouro en DMT, a súa compañeira Alejandra Braña Barreiros de 13 anos conseguiu o outro en Trampolín e o bronce en DMT. En categoría absoluta María Salas Cid de 15 anos fíxose coa prata en Trampolín, o seu compañeiro Daniel Fernández Méndez de 16 anos, acadou o bronce tamén en Trampolín. Ao equipo elite espéranlle uns meses fortes a nivel de competición, xa que este ano a tempada competitiva concéntrase nos meses de xuño, xullo, outubro e novembro. Moita sorte a todos e todas. |
Noticias >