Noticias‎ > ‎

O noso conxunto Benxamín Escolar, campión galego en Ribadeo

publicado a la‎(s)‎ 26 ago. 2014 7:24 por Daniel Gómez Blanco   [ actualizado el 26 ago. 2014 7:27 ]
O domingo día 1 de xuño tivo lugar en Ribadeo o campionato galego escolar, no que participaron, como representantes da nosa provincia, tras a súa fase clasificatoria que tivo lugar en Celanova o pasado 24 de maio, os seguintes clubes e escolas de ximnasia:

ESCOLA MUNICIPAL DE CELANOVA, con un conxunto prebenxamín
ESCOLA MUNICIPAL DE XINZO DE LIMIA, con un conxunto prebenxamín
ESCOLA MUNICIPAL DE BARBADÁS: con tres conxuntos (benxamín, alevín e infantil)
CLUB XIMNASIA ESCOLA PAVILLÓN: con catro conxuntos (benxamín, alevín, cadete e senior)
CLUB XIMNASIA PAVILLÓON: con catro conxuntos (benxamín, alevín, infantil e senior )

É un campionato de cada vez máis alta participación. En todas as categorías houbo doce participantes, que saen, por clasificación, dos seus respectivos campionatos escolares provinciais.

O noso conxunto benxamín escolar (Enma, Laura Iglesias, Laura Bermúdez, Paula e Candela) proclamouse campión na súa categoría. Tiveron a nota máis alta de todo o campionato, tendo en conta todas as categorías. Estas nenas, a tempada vindeira xa non poderán participar no nivel escolar e deben facelo no nivel de promoción, por normativa da Federación Galega de Ximnasia, coidando a homoxeneidade de nivel nas diferentes competicions.

Todos estes conxuntos e outros moitos, competiron o día anterior no Paco Paz, na final da Copa Deputación, no que, na modalidade de ximnasia rítmica, brilouo o club Ximnasia Pavillón, cos seus equipos de nivel escolar, acadando todos os ouros (6) en todas as categorías nas que tiña representación. Tamén houbo abundantes pratas e bronces. A competición de trampolín saldouse con 27 ferros para os clubes pavillonistas.

Os equipos técnicos e directivas de ambos clubes están moi satisfeitos do avance conseguido polos seus ximnastas nestes niveis de base, o que fai presaxiar un prometedor futuro para a ximnasia ourensá. É o froito de varios anos traballando por unha coidada organización piramidal que tenta non deixar de lado ningún nivel deportivo, dado que todos son importantes para un único interés: FOMENTO DO DEPORTE, atendendo ás súas dúas versións (lúdica e competitiva).

Parabéns a todas as ximnastas escolares e os nosos desexos de que pasedes unhas boas vacacións e voltedes con moitas gañas en outubro¡¡
Comments