Noticias‎ > ‎

O equipo senior subcampión galego no Individual de Clubes

publicado a la‎(s)‎ 19 may. 2015 4:11 por carmen blanco   [ actualizado el 19 may. 2015 4:14 ]
O domingo día 17 de maio, en Ferrol, tivo lugar a II Fase do Campionato Galego de Clubes, clasificatorio para o nacional a celebrar en Pontevedra no mes de xuño.

Tres dos nosos equiposTres destes equipos acudían a esta cita con claras opcións a ser clasificados entre os tres primeiros, tras a nota da primeira fase que tivo lugar o día 18 de abril en Vigo.

No equipo alevín, que arrastraba nota lonxe do podiium tras a primeira fase, destacamos o excelente exercicio de mazas de Claudia Selas.

O noso conxunto infantil (Sabela Rodríguez, María Rodríguez, Lucía Gómez e Paula Martínez Ramos) constituído ó seu completo por nenas de primeiro ano de infantil, fixose co cuarto posto con unha nota de 30,68, moi preto do 3º clasificado, Club Esquío (30,80). Destacamos nesta categoría, ademáis o segundo posto en aro de María Rodríguez (8,71) só superada a escasa diferencia por Carla Pena, do Club Esquío (8,91). Fíxonos vibrar tamén o exercicio de corda de Lucía González, realizado con unha excelente execución e dinamismo.

Na categoría junior o equipo formado por Ana, María e Antia, colocouse tamén no cuarto posto da clasificación. Nesta categoría subiu ó pódium Antía Vázquez con pelota (3º clasificada con un 8,25), superada por Paula Vicente do Club Acordes (2º clasificada con un 8,51). Antía estivo tamén moi preto do pódium en mazas xa que conseguiu unha excelente nota (9,09), sendo terceira Rebeca Marcial do Club Esquío (9,13). Nesta categoría María Agregán foi cuarta (8,20) tamén tivo un pé no pódium, moi preto de Sara Cuesta do club Acordes A, que foi terceira (8,39).

As nosas ximnastas senio foron subcampionas co equipo formado por Nerea Sastre e Blanca Valencia. Nerea Sastre, subiu ó pódium, tamén como subcampiona na clasificación de aro. 

A escasa puntuación que nos separou da prata en moitas categorías e aparatos son indicativo de que o nivel das nosas ximnastas está en franca melloría dentro do panorama galego.

Dende agora pesamos xa nas vindeiras citas: escolar, promoción e … por suposto ese Nacional que nos espera e no que intentaremos non defraudar á nosa afición nin ó resto de ximnastas de gran calidade do noso club e de todo Galicia que non se clasificaron.

Moita sorte a todas!
Comments