Noticias‎ > ‎

NACIONAL INDIVIDUAL ABSOLUTO- Valencia (1-3 decembro 2020)

publicado a la‎(s)‎ 25 dic 2020 11:44 por carmen blanco


Entre os días 1 a 3 de decembro os nosos equipos individuais infantil e senior estiveron en Valencia para participar no Nacional Individual de nivel absoluto por equipos.

O día 1 competía o equipo senior. Nerea, xa moi veterana na competición, retomaba o tapiz despois de moito tempo. Conseguiu o posto 29 con un exercicio moi ben executado. Para Candela e Julia era o seu primeiro nacional individual. Non tiveron grandes erros e ambas colocáronse no posto 55.

O equipo infantil competía o martes día 2. Xa levaban tempo Candela, Paula e Noa sen enfrentarse a un individual nacional pero estiveron fantásticas. Candela ocupou o posto 37, Noa o 50 e Paula o 51.

Agora toca centrarse nos conxuntos para rematar ben a tempada que comezaba con tantos atrancos.

 Moitisima sorte para o que queda!!!

Comments