Noticias‎ > ‎

Nacional absoluto de conxuntos de Valladolid

publicado a la‎(s)‎ 12 dic. 2017 15:59 por Natalia Gomez   [ actualizado el 12 dic. 2017 16:04 ]




Entre os días 1 e 3 de decembro tivo lugar en Valladolid o campioanto nacional de conxuntos absoluto. O noso clube tiña representación nas categorías benxamín, infantil, junior e senior.

As ximnastas máis veteranas, as senior, tiveron un bó primeiro pase pero un error grave e algunha imprecisión no segundo afastounas dos mellores postos da lasificación. Remataron no posto 41 da clasificación.
As júnior foron as primeiras en pisar o tapiz dos representantes galegos. Con tres caídas de aparato tiveron un primeiro pase lonxe do que amosaron noutras competicions desta tempada. No segundo desfrutaron no tapiz e realizaron un gran exercicio. Foron 20 na clasificación xeral dos 44 paticipantes, sendo 28 o primeiro día e 14 na segunda xornada.
As infantís foron capaces de competir con gran regularidade os dous días de competición. Con dous pases moi bós foron 26 na clasificación xeral dos 49 participantes.
As benxamíns debutaban en conxuntos federados neste campionato. Saíron a competir nas dúas sesións con alegría e forza e finalizaron sextas na súa categoría.
Comments