O mellor referente da ximnasia rítmica masculina do panorama nacional, Rubén Orihuela, estará en Ourense, non só para facernos disfrutar con unha exhibición durante o Torneo, senon para que ximnastas de todo Galicia poidan participar na sesión ténica que terá lugar o día 1 de maio de 10:00 a 13:00 horas. Estamos facendo un gran esforzo organizativo para conseguri que o maior número de nenas e nenos que queiran poidan participar nesta sesión técnica, fundamentalmente os máis cativos. O Torneo se desenvolverá durante todo o día no Pavillón dos Remedios e por tanto, as ximnastas que compiten de mañan, cadetes e senior, non poderán asistir a esta Master Class. Pero non había outro modo de organizala sen aumentar gastos para os participantes, por iso tivemos que decidir entre cativas ou máis veteranas e optamos polo primeiro. Nos documentos adxuntos tendes toda a información e fichas de inscripción para participar nesta Master Class. |
Noticias >