Noticias‎ > ‎

MARIA SALAS CID E LUCAS DOMURO ARIAS NA SELECCIÓN ESPAÑOLA DE TRAMPOLÍN NO TRIANGULAR ESPAÑA, PORTUGAL, HOLANDA.

publicado a la‎(s)‎ 30 abr. 2017 9:43 por Pilar Iglesias



Este ano na VIII Copa Galiza Internacional de Trampolín, desenvolveuse paralelamente unha competición triangular de federacións entre Portugal, España e Holanda. Formando parte desa selección estaban os nosos gimnastas Lucas Domuro Arias e María Salas Cid que foron seleccionados pola Real Federación Española de Ximnasia para formar parte da selección española junior, xunto con Melania Rodríguez Muñoz (Club Ximnasia Pontevedra), Alicia Maestro García (Club Gimnasia Burgos) Marina Chavarría Espasa (Égiba, Cataluña) no equipo feminino e Raúl Sánchez Prieto (Gimnástico Getafe) Eugeni de Vroe Simón (CET10 Cataluña) e Rober Vilarasu Poveda (Égiba, Cataluña) no equipo junior masculino.


A selección española quedou en segundo lugar na competición por equipos junior, por debaixo da selección portuguesa.

É un orgullo para o club a selección de Lucas de María e a súa participación cuns exercicios limpos e sen erros que axudaron a esa segunda posición.

Comments