Noticias‎ > ‎

Marchamos a Guadalajara!

publicado a la‎(s)‎ 5 may. 2016 13:32 por carmen blanco
Despois de dúas fases de campionato, no que vimos un gran nivel de ximnasia galega, conseguimos sacar un billete para Guadalajara con dous equipos junior, un infantil, un senior, ademáis de unha ximnasta individual.

A categoría junior abriu a competición en Riazor na xornada de mañán. Nesta categoría houbo unha gran colaboración entre varios  clubs galegos para acadar a participación nacional. O equipo pavillonista integrado por Lorena (aro e pelota), Candela (corda), Paula (mazas) conseguiu o ouro, sendo terceiro o Treboada (equipo no que Eva Rebollo sumaba a nota de aro). O equipo do Ximnasia Pavillón B, integrado por unha ximnasta pavillonista (Uxía), Inés Luque do Esquío, Elena Ferreiro do club Maniotas Lucía Corrales do Acordes, foi cuarto clasificado.

Xa pola tarde, na categoría infantil, unha das dúas máis fortes da competición con dez equipos de gran nivel ximnástico, o Ximnasia Pavillón A integrado por Sabela Rodríguez (pelota), María (aro e cinta) e Lucía (mazas) conseguiu alzarse co bronce (a 0,07 do Esquío, segundo clasificado). As integrantes do Pavillón B (Paula, Sara e Sabela de Martín) tiveron moi boas actuacións, conseguindo nos tres casos os obxectivos marcados para esta tempada.

Na categoría senior, tivemos que dar de baixa a un dos dous equipos da primeira fase por lesión de María. O equipo formado por Nerea, Ana, Antia e Sara conseguiu o terceiro  posto. Nesta categoría, ademáis, Nerea Sastre defendeu os exercicios de mazas e cinta no individual absoluto no que foi subcampiona galega.

Serán pois catro os equipos que representarán a Ourense en Guadalajara no mes de xuño: dous equipos junior, un infantil e un senior, ademáis da ximnasta absoluta Nerea Sastre cos tres aparatos (aro, cinta e mazas).

Moita sorte a todas!
Comments