No documento adxunto figuran os nenos e nenas inscritos no Club Ximnasia Escola Pavillón a día de hoxe. Se houbese algunha incidencia respecto a estas inscricións podedes enviar un correo electrónico ó correo da escola (escolaximnasia@gmail.com) e serán resoltas. Tamén podedes chamar ós teléfonos: 691 405641 (rítmica) e 661418682 (trampolín) para calqueira consulta. Xa sabedes que as nenas que pasarán a formar parte dos grupos de precompetición de rítmica (e que xa foron informadas) para o curso 2015-2016 non figuran neste listado e serán incluídas no listado da páxina web do club durante o mes de setembro. Lembramos que segue aberto o prazo de inscrición ata esgotar as prazas en cada grupo, inscrición que podedes realizar por correo electrónico durante todo o verán, según instruccións que figuran nesta mesma páxina web (parte superior), na pestaña ESCOLA. Moitas grazas a todos e todas por seguirnos confiando esta parte da educación dos vosos fillos e fillas. Bó verán!! |
Noticias >