Noticias‎ > ‎

Listado de inscritos e horarios de grupos Club Ximnasia Escola Pavillón

publicado a la‎(s)‎ 27 sept. 2015 10:15 por carmen blanco
De novo adxuntamos listados de inscrición do Club Ximnasia Escola Pavillón para esta tempada que comeza en breve, tras incluir a tantos nenos e nenas que este ano inician connosco a súa andadura deportiva. REVISADE  e facédenos chegar os posibles erros ou omisións ó correo electrónico escolaximnasia@gmail.com ou por teléfono: 691405641 (rítmica e iniciación), 661418682 (trampolín e iniciación a deportiva)

Tamén figura correxido os horarios de dous grupos:

-          GRUPO 3 DE XIMNASIA RÍTMICA, que, por erro, figuraba de 19:00 a 20:30 e o horario correcto é de 19:30 a 21:00 horas (mércores e venres no polideportivo do Campo da Feira)

-          GRUPO DE 3 HORAS DE XIMNASIA DE TRAMPOLÍN, do que se modificou o horario dos xoves, sendo agora de 18:00 a 20:00 os xoves e de 18:00 a 19:00 os martes.

Todos os demáis grupos figuran co mesmo horario que teñen nas follas de inscrición e nas notas enviadas a final do curso pasado.

Tende en conta que hai nenas que, por idade cambian de grupo.

Moitas grazas a todos e todas por seguirnos confiando esta parte da educación dos vosos fillos e fillas.

CLUB XIMNASIA ESCOLA PAVILLÓN

Ċ
carmen blanco,
27 sept. 2015 10:15
Comments