Noticias‎ > ‎

IX COPA GALIZA INTERNACIONAL DE TRAMPOLÍN E CONTROL PARA O EUROPEO DE BAKÚ.

publicado a la‎(s)‎ 11 mar. 2018 15:18 por Pilar Iglesias
Desde o venres 9 desenvolveuse no Pazo dos Deportes Paco Paz a IX Copa Galiza Internacional de Trampolín na que o noso club presentaba 16 ximnastas de categoría elite conseguindo ter representación en tódalas categorías desta modalidade.
O Club conseguiu unha participación moi regular a excepción dos fallos en Trampolín no nivel IV que non tiveron, na xornada do sábado o seu mellor día. Aínda sí Noa, María, Nicolás e Lucas conseguiron pasar a finais acadando finalmente podio en DMT (María, Noa e Nicolás) e en Trampolín (Lucas)
Pola contra os mais pequenos do equipo tiveron unha participación sobresaínte facendose co ouro nos dous aparatos nos niveis 1 e 2.

Ao remate da Copa levouse a cabo o último control clasificatorio para o Campionato de Europa que terá lugar do 9 ao 16 de abril en Bakú (Azerbaiján). As nosas ximnastas María Salas Cid e Noa Puente-Dod Álvarez tiñan opcións a clasificarse para formar parte do equipo junior feminino pero finalmente foi Noa a que a clasificación; desde aquí animamos a María porque todos e todas as que a coñecemos sabemos do seu esforzo e valía e dámoslle os nosos parabéns a Noa porque é outra loitadora infatigable.
PARABÉNS EQUIPO!!!!



Ċ
Pilar Iglesias,
11 mar. 2018 15:18
Comments