Noticias‎ > ‎

IV Edición Torneo dos Templarios. Trampolín

publicado a la‎(s)‎ 12 dic. 2016 1:00 por Pilar Iglesias   [ actualizado el 12 dic. 2016 1:13 ]
O EQUIPO DE TRAMPOLÍN INAUGURA A TEMPADA COMPETITIVA CON SALIENTABLES  RESULTADOS

O Club Ximnasia Pavillón desprazou 16 ximnastas con idades comprendidas entre os 8 e 17 anos á cidade de Tomar (Portugal) para participar no Torneo dos Templarios na modalidade de trampolín.


O equipo fixo unha competición case sen erros que deu lugar á clasificación para as fases finais de 15 dos 16 saltadores e posteriormente á consecución de 11 metáis.


4 Ouros :
Equipo masculino composto por Hugo Vila Pérez, Nicolás Cid Rancaño, Daniel Fernández Méndez, Lucas Domuro Arias.
Marta Rodríguez Cancio na categoría de menos de 12 anos
Daniel Fernández Méndez na categoría de 15 a 16 anos
Lucas Domuro Arias na categoría de máis de 17 anos


3 Pratas :
María Fujú García Varela na categoría de menos de 12 anos
Alejandra Braña Barreiros na categoría de 13 a 14 anos
Nicolás Cid Rancaño na categoría de 13 a 14 anos


4 Bronces :
Rocío Salas Cid na categoría de menos de 12 anos
Hugo Vila Pérez na categoría de menos de 12 anos
Guillermo García Varela na categoría de 15 a 16 anos
María Salas Cid na categoría de máis de 17 anos


Destacar a labor do equipo masculino que pese a ter rematado a tempada anterior cun sabor amargo debido a erros que os apartaron dos postos de podio no nacional se repuxo e comeza a tempada con forxa, seguridade e decisión.
Tamén ás infantís do club Marta Rodríguez, María Fujú García, Arancha Bello e Rocío Salas que siguen colleitando ouros para a nosa cidade e acadaron os catro primeiros postos na categoría máis cuantiosa do evento.


Un traballo co que tanto ximnastas como adestradores regresan enormememte satisfeitos e con gañas de continuar traballando de cara á próximas citas deportivas.

Comments