Noticias‎ > ‎

INTERNACIONAL SCALABIS CUP 2019

publicado a la‎(s)‎ 21 sept. 2019 10:42 por Pilar Iglesias


4,7 de xullo

Santarem


O CXP desprazou nesta ocasión a 13 ximnastas ate Santarem, incluído o equipo senior que este ano forma parte do plan de patrocinios da Xunta de Galicia  para participar na Internacional Scalabis Cup un dos eventos internacionais de Trampolín de máis nivel. Alí se concentraron 700 ximnastas de distintas categorías e distintos países.

Os resultados da competición foron alentadores mantendo o nivel que estes saltadores teñen acadado nestas últimas temporadas.

Conseguiron entrar en finais cinco ximnastas e subiron ao podio catro veces:

Pedro Castaño Garrido acadou o bronce en Trampolín e a prata en Dobre Minitramp, María Salas Cid, unha das ximnastas máis veteranas, tamén colgou a medalla de prata na modalidade olímpica. O Equipo U14 composto por: Hugo Rodríguez Pérez, Hugo Vila Pérez e Saúl Rodríguez Rodríguez acadaron o bronce en DMT.

Despois desta competición o equipo disfrutará dun merecido descanso ate a segunda quincena de agosto.
Comments