Noticias‎ > ‎

Internacional Cascais Beach Cup 2018

publicado a la‎(s)‎ 13 feb. 2018 13:28 por Pilar Iglesias
O equipo de Trampolín de categoría 11-12 anos composto por: Pedro Castaño Garrido, Saúl Rodríguez Rodríguez, Hugo Rodríguez Pérez, María Fujú García Varela e Marta Rodríguez Cancio, ven de ser proclamado o mellor equipo en Trampolín e en Dobre Minitramp, acadando o ouro nos dous aparatos.

Os 14 ximnastas que se desprazaron a Cascais durante esta fin de semana tiveron unha excelente participación en preliminares conseguindo o pase a finais 10 dos 14 ximnastas. Sen lugar a dudas este é un dos mellores resultados do noso Club nunha competición Internacional, competindo neste caso con delegacións de Portugal, Reino Unido e Polonia.
Os pequenos que se incorporan agora a competición internacional: Claudia, Saúl e Hugo fixeron un bo papel acompañando as e ós mais avezados na competición.

É de destacar a participación de Claudia Blanco Cidón que con 9 anos acadou o ouro en Dobre Minitramp, a prata en Trampolín e o bronce en sincronismo xunto co seu compañeiro Mateo Rodríguez Pérez.
Ċ
Pilar Iglesias,
13 feb. 2018 13:28
Comments