Noticias‎ > ‎

Internacional Beach Cup de Trampolín. Cascais Portugal

publicado a la‎(s)‎ 27 abr. 2017 2:25 por Pilar Iglesias
O noso club participou entre os dias 6 e 9 de abril na Internacional Beach Cup con 26 ximnastas. Este evento reuniu participación de diferentes países: Portugal, España, Argentina, Egipto, Polonia e Reino Unido.
Os ximnastas do CXP desenvolveron unha boa participación en equipos e trampolín sincronizado, resaltando os seguintes resultados:
TRAMPOLÍN SINCRONIZADO:
- Categoría 11-12 anos: medalla de prata. Parella formada por María Fuju García Varela e Marta Rodriguez Cancio
EQUIPOS
- Ouro: Equipo menores 10 anos, equipo formado por: Xiana Blanco Cidón, Claudia Blanco Cidón, Pedro Castaño Garrido e Mateo Rodríguez Pérez.
- Ouro: Equipo 11-12 anos, equipo formado por: por Marta Rodríguez Cancio, María Fujú García Varela, Rocío Salas Cid e Hugo Vila Pérez.
- Prata: Equipo junior, formado por: Lucas Domuro Arias, Daniel Fernández Méndez, Nicolás Cid Rancaño, Noa Puente-Dodd Álvarez e María Salas Cid.
- Bronce: Equipo 13-14 anos, formado por: Alejandra Braña Rodríguez, Laura Ogando Domínguez, Samuel Rodríguez Puga e Luis Sánchez Botana.
Parabéns a ximnastas e adestradores pola boa labor desenvolvida.
Comments