Noticias‎ > ‎

III Fase e Final da Liga Federacións de Estética (Ourense, 23-11-2019)

publicado a la‎(s)‎ 1 dic. 2019 5:56 por carmen blanco


O sábado día 23  de novembro en xornada de mañán na Cancha Central dos Remedios, tiña lugar a III Fase e Final Liga Federacións de Ximnasia Estética, na que participaba o noso conxunto senior, xunto con outros conxuntos das comunidades valenciana e madrileña (estando ausentes esta vez as comunidades vasca, catalana e andaluza, que tamén forman parte desta Liga Federacións).

Antía, Ana, María, Uxía, Paula, Candela, Lorena, Sabela e Rebeca realizaron dous pases moi ben executados dun fermoso exercicio que fixo disfrutar moito á grada, proclamándose Campionas desta III Fase, obtendo a mellor nota da competición nas dúas rotacións.

Na  I Fase que tivo lugar no Escorial en maio deste ano, obtivemos tamén o ouro. Non se puido asistir á II Fase en Córdoba no mes de xuño e polo tanto era difícil optar a ser ouro da Liga, pero sí foron suficientes as dúas fases para conseguir a prata da Final que xa é a segunda para este equipo.

Con esta participación, a maioría destas ximnastas poñen fin á competición nacional.

Esperamos xa con  moita ilusión a vindeira tempada na que contaremos con un equipo alevín e outro junior nesta especialidade!!!

Comments