O domingo día 20 de maio o Pavillón de Barbadás foi o
escenario da III Fase da Copa Deputación, Fase Final do provincial de nivel
escolar, clasificatorio para o galego e Fase Final do Campionato de Promoción.
Os nosos conxuntos de promoción dan mostra dunha excelente progresión. Destacamos o primeiro posto do conxunto infantil que competía co Club El Bayo-Sil e as excelentes notas dos conxuntos benxamíns, entre os que quedou primeiro o conxunto do Club Ximnasia Pavillón pero a moi pouca diferencia do conxunto do Escola Pavillón. A terceira fase de Copa Deputación fixémonos con catorce metais. Na competición individual, Lara, Alejandra, Elia e Denisse obtiveron o ouro nas súas respectivas categorías. Na modalidade de conxuntos o Club Ximnasia Pavillón, que participou con catro conxuntos,alcanzou o ouro con tres deles (alevín, cadete e senior), sendo cuarto o conxunto infantil. O Escola Ximnasia Pavillón, por súa parte, acadou catro pratas e un bronce. Finalmente, tras dúas fases do provincial de nivel escolar, clasificatorio para o autonómico, os conxuntos pavillonistas clasificados foron os once seguintes: - CATEGORÍA PREBENXAMÍN: Escola Ximnasia Pavillón A (2º) - CATEGORÍA BENXAMÍN: Escola Ximnasia Pavillón B (2º) - CATEGORÍA ALEVÍN: Club Ximnasia Pavillón (1º) Escola Ximnasia Pavillón B (4º), Escola Ximnasia Pavillón A (5º) - CATEGORÍA INFANTIL: Escola Ximnasia Pavillón A (1º), Club Ximnasia Pavillón (5º) - CATEGORÍA CADETE: Club Ximnasia Pavillón (1º), Escola Ximnasia Pavillón (3º) - CATEGORÍA SENIOR: Club Ximnasia Pavillón (1º), Escola Ximnasia Pavillón (2º) |
Noticias >