O conxunto alevín logrou a 11º posición, con unha nota de 10,770, a 2,100 puntos do terceiro clasificado, Club Mabel. Realizaron o seu exercicio con moita expresión, madurez e disciplina, e apenas sen erros. Tendo en conta que é o seu primeiro ano nesta dura categoría, superaron as expectativas. O conxunto junior non brillou como debera, tivo algún erro que outro, logrando aínda así unha nota de 10.050. Esta nota colocounas tan só a 0,600 do terceiro clasificado, o club canario Daisan, no posto 11. Por súa parte o conxunto senior, no que non foi o seu mellor exercicio nesta tempada, finalizou no posto 23 con unha nota de 8,150, que cofían mellorar cara o nacional de decembro. Estes resultados dan un impulso grande ás nosas ximnastas e adestradoras para preparar con moita ilusión a competición nacional que terá lugar en Pamplona, onde acudirá ademáis o conxunto junior de primeiro ano. Seguinte parada: Euskalgyyymm!! Parabéns e moita sorte en todo o que queda! |
Noticias >