Noticias‎ > ‎

I Fase Copa de España Conxuntos (Guadalajara- 14 de abril)

publicado a la‎(s)‎ 4 may. 2019 10:28 por carmen blanco

O domingo día 14 de abril competían en Guadalajara  na I Fase de Copa de España de Conxuntos, os nosos tres conxuntos absolutos.

As  alevíns foron madrugadoras e saíron a primeira hora da mañán. Tiveron algúns erros no exercicio e aínda así acabaron nun meritorio oitavo posto que nos fai traballar con moita ilusión cara ás seguintes fases.

As junior e senior ocuparon o posto 14 da clasificación en dúas categorías moi fortes, salvando os seus novos exercicios con corrección pero todavía con algunhas imprecisións que seguiremos mellorando cara ás seguintes citas.

Galicia foi sexta por comunidades, clasificación para a que conta a mellor nota de cada comunidade en cada categoría. A nota dos nosos conxuntos alevín e senior, xunto co infantil do Maniotas e o junior do Acordes sumaron máis de 38 puntos nesta fase. Procuraremos estar presentes para a seguinte fase, clasificándonos entre os mellores galegos, para loitar entre todos para que Galicia obteña ese podium tan merecido!! 


Comments