De novo os nosos conxuntos e as nosas individuais de rítmica de nivel escolar obtiveron grandes resultados na fase final da Copa Deputación. En trampolín os nosos pequenos e pequenas deron mostras dunha excelente progresión. XIMNASIA DE TRAMPOLÍN En trampolín a competición amosou a disciplina e corrección dos e das ximnastas pavillonistas que, na súa maioría, se están iniciando nesta modalidade. Os resultados obtidos foron os seguintes: - Diego Rodríguez Pérez (prebenxamín masculino) ouro en minitramp - Patrik Celis López (prebenxamín masculino) prata en tumbling - Iván Pacios Miguel (prebenxamín masculino) prata en minitramp - Ainhara Camoeiras Vázquez (benxamín feminino) prata en minitramp - Daniel Imray Carrasco (benxamin masculino) ouro en minitramp e bronce en tumbling. - Paulo Héctor Permuy Fernández (benxamín masculino) bronce en minitramp - Gaia Janeiro Teixeira (alevín feminina) prata en minitramp - Sophia Novelle Man (infantil feminina) ouro en minitramp - Artur Permuy Fernández (infantil masculino) ouro en minitramp - Clara Iglesias Pérez (cadete feminina) ouro en tumbling e minitramp Rubén Castillo López (cadete masculino) ouro en tumbling e minitramp XIMNASIA RÍTMICA Na modalidade individual obtiveron pódium todas as súas participantes (3 ouros e 1 bronce). Destacar que Alejandra nesta última fase quedou primeira, igual que na fase anterior de Barbadás, pero debido a falta de asistencia a unha das fases, na clasificación xeral quedou no 3º posto (xa que a clasificación final depende da suma das catro fases). Na modalidade de conxuntos obtivemos 10 medallas (4 ouros dos sete posibles, 2 pratas e 4 bronces) CLASIFICACIÓN CONXUNTOS (representación pavillonista en todas as categorías): INICIACIÓN 1º ESCOLA XIMNASIA PAVILLÓN A PREBENXAMÍN 2º ESCOLA XIMNASIA PAVILLÓN B BENXAMIN 2º ESCOLA XIMNASIA PAVILLÓN ALEVÍN 1º CLUB XIMNASIA PAVILLÓN 3º ESCOLA XIMNASIA PAVILLÓN INFANTIL 3º ESCOLA XIMNASIA PAVILLÓN A CADETE 1º CLUB XIMNASIA PAVILLÓN 3º ESCOLA XIMNASIA PAVILLÓN ( nesta última fase foi 2º ) SENIOR 1º CLUB XIMNASIA PAVILLÓN 3º ESCOLA XIMNASIA PAVILLÓN ( nesta última fase foron primeiras con moi boa actuación) Ademáis tres dos nosos conxuntos clasificaronse ese mesmo día, no control que tivo lugar pola tarde, para a Copa de España de conxuntos de nivel absoluto. Parabéns a todos e todas!! |
Noticias >