![]() O sábado tivo lugar a Fiinal da Copa Deputación na que participabamos en dúas modalidades, rítmica e trampolín, cos nosos ximnastas de nivel escolar. Na modalidade de ximnasia rítmcia, a única ximnasta individual que competía, Almudena Moreiras foi campiona. Dos catro conxuntos que presentamos, tres foron campións (prebenxamín, infantil e senior) e o conxunto cadete foi subcampión. En trampolín, na modalidade de minitramp, trouxemos catro ouros (Mateo Rodríguez, Artur Permuy, Adriana Rodríguez e Sergio Rodríguez), tres pratas (Xiana Blanco, Guillermos Alonso e Sofía Novelle) e un bronce (Claudia Blanco). En tumbling Mateo Rodríguez foi segundo e Pedro Castaño foi terceiro. Xa foi o domingo cando os nosos catro conxuntos escolares volveron competir, esta vez en Santiago, no Campionato Galego Escolar. Con doce particpantes en cada categoría, o noso conxunto senior (Estefanía, Ändrea, Marian e Clara) alzouse coa medalla de bronce. Supón unha bonita despedida para algunhas delas que nos deixan despois de moitos anos connosco, e un gran aliciente para as que quedan. Por súa parte, o resto de equipos fixo un gran papel, sendo quintas as prebenxamíns e sextas as infantíes e cadetes. Un bó peche de tempada para todos os nosos ximnastas escolares. Parabéns e a vindeira tempada máis e mellor. |
Noticias >