Noticias‎ > ‎

Fase Final Copa Deputación- Ximnasia Rítmica

publicado a la‎(s)‎ 3 jul. 2019 3:45 por carmen blanco
25 DE MAIO- XINZO DE LIMIA
Excelentes resultados das nosas ximnastas de nivel escolar na Copa Deputación na modalidade de rítmica

Dos seis ximnastas individuais, catro obtiveron podio: 2 ouros, un bronce e unha prata, ademáis dun cuarto posto.

Dos 16 conxuntos presentados a esta edición, 11 subiron ó podio: 5 ouros, 4 pratas e 2 bronces

Das cinco ximnastas, catro subiron a podio. Na categoría prebenxmaín Lara foi segunda e Patrick Celis terceiro. Na categoría Infantil Ainara proclamouse campiona e foi cuarta Daniela. Paula Porto Urbano foi primeira na categoría senior. Brisa, do Escola Ximnasia Pavillón Ribadavia foi sexta.

Na modalidade de conxuntos, o noso prato forte, revalidamos os resultados de anteriores fases, incluso mellorando nalgunha categoría:

·         Na categoría iniciación obtivemos o ouro.

·         Na categoría prebenxamín os dous conxuntos foron campión e subcampión respectivamente.

·         Na categoría benxamín o conxunto do Escola Ximnasia Pavillón proclamouse campión.

·         En categoría alevin o Club Ximnasia Pavillón Ourense A acadou a prata.

·         Na categoría infantil o podio tivo color pavillonista, sendo campión o CXPOurense B, subcampión o conxunto do Escola Pavillón e o bronce foi para o conxunto CXPOurense A.

·         Na categoría cadete de novo o Club Ximnasia Pavillón Ourense ocupou o 2º e 3º posto cos conxuntos B e A respectivamente.

·         Na categoría senior o campión foi Club Ximnasia Pavillón.

Noraboa a ximnastas e equipo técnico!!!

Comments