No mes de xullo (do 2 ao 6) os e as saltadoras de elite acudiron a medirse con ximnastas de distintos países do mundo na competición internacional SCALABIS CUP que se celebrou en Santarem (Portugal), os resultados foron os seguintes: ● Por equipos: OURO en TR: o equipo formado por Noa Puente-Dod Álvarez, María Salas Cid e Alejandra Braña Barreiro ● Individuais: PRATA EN TR: Eduardo Novelle Man Carlos Trigo Seguín, María Salas Cid e Noa Puente-Dod Álvarez pasaron a finais tamén en TR quedando en 8º, 7º e 8º lugar respectivamente. OURO en DMT junior: Carlos Trigo Seguín. María Salas Cid pasou tamén a finais en DMT quedando en 6ª posición No mes de setembro repetiron visita a Portugal para participar na LOULÉ CUP celebrada en Loulé do 4 ao 6 de setembro, nesta ocasión os resultados tamén foron altamente satisfactorios: ● Por equipos: OURO en DMT para o equipo sub-15 M composto por Nicolás Cid Rancaño, Guillermo García Varela e Daniel Fernández Méndez . ● Individuais PRATA: para Guillermo García Varela en DMT BRONCE: para Nicolás Cid Rancaño en DMT Daniel Fernández Méndez acadou a 10ª posición en TR e a 8ª en DMT e Eduardo Novelle Man acadou a 7ª en DMT O traballo de todo o ano vese reflexado na progresión xeral do equipo onde ademais de Eduardo e Carlos os mais cativos están a demostrar tamén a súa valía. |
Noticias >