Noticias‎ > ‎

EUSKALGYM 2019 (Bilbao, 15-17 novembro)

publicado a la‎(s)‎ 1 dic. 2019 5:33 por carmen blanco
A fin de semana do 15 ó 17 de novembro 53 dos nosos ximnastas dábanse cita no B.E.C. de Bilbao, para competir nos niveis base, absoluto e individual masculino.

As infantís base realizaron un excelente exercicio que mellorou moito o realizado no nacional, colocáronse 25ª nunha categoría de case media centena de conxuntos. As alevíns base estiveron tamén moi acertadas executando con moita decisión, foron 13ª entre máis de 40 participantes.

Na xornada do sábado competían as cadetes e xuvenís base. Ambos conxuntos estiveron expléndidos. As xuvenís remataron no posto 28º e as cadetes, con un exercicio cada vez máis seguro, ocuparon o posto 18º en categorías con maís de 45 participantes.

Na xornada do domingo o conxunto  benxamín no que esta vez competia José, non estiveron tan acertados coma no nacional, tendo a mala fortuna de que sairan fóra  do tapiz dous aparatos, ocuparon o posto 12 da clasificación.

No nivel absoluto as alevíns abrían a competición  na súa categoría. Foron 6º na clasificación. Pola tarde era o turno de senior e junior. As senior colocáronse no posto 17º e as junior, ocuparon o posto 31º.

Tamén competía na xornada do domingo, en horario de mañán, Damian Diosdado, que está comezando en competición nacional individual e cumpliu con un 10ª posto. Comeza para nós o que esperamos sexa unha fructífera andadura na rítmica masculina.

Comments