O sábado día 17 de novembro competiron os conxuntos infantís de nive base. Os dous realizaron un exercicios moi correctos mostrando o bó traballo de toda a tempada. O infantil de primeiro ano conseguiu o posto catorce a as infantís de segundo ano foron quintas, mostrando unha vez máis, tras o excelente resultado do nacional, a súa seguridade no exercicio. Tamén na xornada de sábado tiña lugar en Bilbao, como parte deste evento internacional, a fase final da Liga Federacións de Ximnasia Estética, na que o noso conxunto senior se proclamou subcampión. O domingo día 18 era o turno dos conxuntos absolutos e tamén debutaban en competicion nacional os conxuntos prebenxamín e benxamín. As máis pequenas do club competiron cos nervios propios da súa primeira saida fóra da autonomía pero tiveron unhas moi boas actuacións. Ocuparon os postos 16 e 13 respectivamente. As junior de primeiro ano foron clasificadas no posto 30, tras algúns erros no exercicio e as junior de segundo ano foron séptimas aínda que non brillaron coma noutras ocasións. O conxunto senior tivo unha excelente actuación, sendo clasificadas no posto 26. As alevíns tiveron un excelente onceavo posto. |
Noticias >