Noticias‎ > ‎

Euskalgym 2016

publicado a la‎(s)‎ 6 nov. 2016 4:01 por carmen blanco
De novo o noso club participou no  TORNEO EUSKLGYM de ámbito nacional, organizado pola Federación Vasca de Ximnasia os días 22 e 23 de outubro.

No nivel Base, presentamos ós nosos catro conxuntos, realizando todos eles un excelente papel. As prebenxamíns quedaron 6º con unha puntuación de 10,00, que as colocou moi preto das notas de pódium. O alevín A situouse no posto 9º, o  alevín B no posto 12º e foron 17º as xuvenís, sendo esta a categoría na que máis participación había (36 conxuntos participantes).

No nivel federado participaron os dous conxuntos alevíns e o junior dado que o conxunto senior tivo que retirar a súa inscripción por lesión de tres das nosas ximnastas, lesión que arrastran dende antes do galego. A mellor actuación foi a do equipo infantil B (Candela Pérez, Candela Díaz, Uxía, Julia, Claudia e Sara) que as colocou, con un 11,05 na 9º posición.

As notas e clasificacións deste campionato e de outros nos que estamos participando esta tempada son moi esperanzadoras para as seguintes citas nacionais.

Parabéns a ximnastas e corpo ténico.

Comments