Noticias‎ > ‎

Euskalgim 2014

publicado a la‎(s)‎ 11 nov. 2014 15:08 por carmen blanco
Cinco conxuntos do noso club desprazaronse a Vitoria o día 8 de novembro para presenciar un gran espectáculo ximnástico, onde disfrutamos das mellores, e participar o domingo día 9 no campionato de ámbito nacional organizado pola Federación Vasca.
O primeiro conxunto en saltar ó tapiz na competición absoluta foi o conxunto  infantil que, tras algúns erros de execución, obtivo o posto 25. Nas primeiras horas da tarde foi o turno do conxunto junior que fixo un exercicio con moita forza, como está mostrando nesta tempàda de conxuntos, pero tamén con desacertos que o levaron ó posto 18. A mellor execución foi protagonizada polas alevíns de segundo ano que, aínda sen realizar un exercicio perfecto, colocaronse nun excelente 6º posto dos vintedous conxuntos participantes nesta categoría. Menos sorte tiveron as nosas pequenas alevíns de primeiro ano que sofriron os nervios da súa primeira participación en competición absolluta. As cadetes alcanzaron o posto 22 das cuarenta participantes.
Felicitamos a todos os conxuntos galegos e en especial os conxuntos prebenxamín do Club María Barbeito e benxamín do Club Acordes que conseguiron podium nas súas respectivas categorías.
Desexamos a todas as nosas ximnastas e adestradoras moita sorte para rematar esta tempada de conxuntos con tanto acerto como se está desenvolvendo ata o de agora.
Comments