Inscripción Club Ximnasia Escola Pavillón Tempada 2020-2021Está aberto o prazo para a inscrición nas escolas de ximnasia do Club Ximnasia Escola Pavillón 2020-2021 Para inscribirsePara formalizar a inscripción só tendes que
completar a Ficha de inscripción e a Ficha de Protección de datos que
adxuntamos e enviar todo xunto con foto tamaño DNI e fotocopia DNI
do/a ximnasta. Para entregalo tendes as seguintes opcións:
- Enviar toda a documentación ao correo electrónico da escola escolaximnasia@gmail.com, neste caso debedes entregar o orixinal asinado o primeiro día de curso.
- No caso de que non vos sexa posible ningunha das dúas cousas, chamar por teléfono ó teléfono da escola (693 639 079) para concertar o modo de entrega.
As
inscripcións poderanse realizar durante todo o verán por correo
electrónico e consulta telefónica. Tamén unha vez iniciado o curso
(sempre que haxa prazas vacantes).
IMPORTANTE:
- Só
se poderá acoller a cuota domiciliada se se realiza a inscrición antes
do 30 de decembro. De acollerse a cuota domiciliada unha vez iniciado o
curso, haberá que facer o ingreso en banco das cuotas que foran xa
cargadas ó resto de inscritos/as, sendo cargadas as restantes que
correspondan.
- Este
ano todos os grupos, sedes e horarios quedan suxeitos a modificación
ata confirmación de instalación por parte do Consello Municipal de
Deportes e situación sanitaria que puidese darse durante a tempada.
|