Un ano mais o Club organiza Escolas de Verán de ximnasia. Actividade lúdica para desenvolver habilidades ximnásticas que se completaran con sesións en piscina, expresión corporal e talleres varios. Está dirixida a nenos e nenas de 3 a 16 anos e desenvolveránse en quendas semanais : - GRUPO DE INICIACIÓN (nenos e nenas de 3 a 6 anos), do 27 de xuño ao 1 de xullo. No Pavillón dos Remedios de 11:00 a 13.00 h. Cuota de 10€ - RESTO DE GRUPOS: semanas do 4 ao 31 de xullo. Pavillón dos Remedios e Campo da Feira de 10:00h a 14:00h. Cuotas de 50€ semanais con un desconto de 10€ a partir da segunda semana ou para aqueles ximnastas do Club Escola Pavillón ou do Club Ximnasia Pavillón Ourense. O prazo de inscripción está aberto do 21 de maio ao 15 de xuño. Para que a actividade se leve a cabo ten que haber un mínimo de 12 ximnastas. Unha vez rematado o prazo de inscripcións configuraranse os grupos e comunicarase a todos os inscritos si a actividade se pode levar a cabo ou non, abrindo no caso de facela, un prazo para facer o ingreso das cuotas. Deixámosvos a ficha de inscripción para todos e todas aquelas interesadas en participar. |
Noticias >