Noticias‎ > ‎

Daniel Fernández Méndez ouro na Copa de España de Tr.

publicado a la‎(s)‎ 13 oct. 2014 14:03 por Pilar Iglesias


Os días 11 e 12 tivo lugar en Burgos a Copa de España de Trampolín, evento no que compiten os/as 12 mellores ximnastas do ranking nacional. Unha vez mais estiveron clasificados os 12 ximnastas da competición de elite de TR. Foi ate o momento a mellor Copa de España do Club tanto polo número de participantes como polos resultados obtidos. A delegación pavillonista voltou a Ourense con 3 medallas:
* OURO en TR sub-15 de Daniel Fernández Méndez
* PRATA para a parella de Sincronismo sub-15 composta por Daniel Fernández Méndez e Lucas Domuro Arias
* BRONCE para a parella de Sincronismo absoluto composta por Eduardo Novelle Man e Antonio Santos Ruiloba, este último do Club Ximnasia Pontevedra.

PARABÉNS A ADESTRADORES E XIMNASTAS POR ESTA EXITOSA FIN DE SEMANA!!!

Comments