Nunha competición de gran nivel, 7 dos 8 participantes conseguiron pasar a finais. Alejandra Braña Barreiros que con 10 anos competía na categoría de 11-12 anos meteuse en dúas finais: Trampolín e DMT. Eduardo Novelle Man que pasou de 2º as finais de DMT, un erro na execución do segundo pase relegouno á 4ª posición. María Salas Cid fixo tamén moi boa competición acadando o 4º posto a pesares de ser a mais pequena da súa categoría. Lucas Domuro Arias e Guillermo García Varela quedaron en 9ª posición en TR con unha moi boa puntuación. Por último a parexa de sincronismo composta por Guillermo García Varela e Nicolás Cid Rancaño alzouse co ouro na categoría de 13-14 anos. Parabéns a ximnastas e adestradores. |
Noticias >