Noticias‎ > ‎

COPA GALICIA INTERNACIONAL 2019

publicado a la‎(s)‎ 21 sept. 2019 8:42 por Pilar Iglesias   [ actualizado el 21 sept. 2019 8:44 ]


Días: 3,4,5 /05/2019

Marín Pontevedra

Durante tres días celebrouse no Polideportivo da Raña en Marín (Pontevedra) a X edición da Copa Galicia Internacional de Trampolín concentrándose na vila pontevedresa os equipos mais destacados do panorama nacional e do veciño Portugal ate un total de 130 ximnastas nas distintas categorías.

A esta competición acuden tan solo os equipos de nivel elite. O Club presentou un total de 13 ximnastas repartidos entre os distintos niveis de competición nos aparatos de Dobre Minitram, Trampolín e Sincronismo.

O equipo de competición elite una vez mais conseguiu subir a podio a todos os e as súas ximnastas destacando a súa participación no aparato olímpico sendo o Club nacional mais laureado contando os dous aparatos nos que levaba participación.

Cabe destacar a participación de Claudia Blanco Cidón, Mateo Rodríguez Pérez e Saúl Rodríguez Rodríguez que conseguiron medalla nos dous aparatos.

Deixámosvos os resultados desta competición onde se pode apreciar a boa saúde do Trampolín pavillonista.
Ċ
Pilar Iglesias,
21 sept. 2019 8:42
Comments